Martes, 03 de diciembre de 2013
C.B.Caselas 63: Pedro 14, Igor 13, Rober 7, Lucas 3 e Oscar 7. QUINTETO. Pablo 4, Carlos 3 e Rubén 12.
Parciais: 16-14 / 15-8 / 15-15 / 17-14
Incidencias: Pouco público no Pavillón de Deportes de Salceda, con catro decenas de afecionados.
Non foi un partido moi brillante, pero o Caselas tivo a intelixencia para saber levar o ritmo cando máis o precisou, especialmente nos momentos nos que os de Coia se acercaron no marcador na segunda metade. Os visitantes, un equipo filial con xente nova e correosa, atopáronse cun Caselas moi regular, que dominou o electrónico destacando unha vez máis a gran aportación dos oito xogadores dispoñibles: valga o dato de que os oito anotaron, incluída unha tripla do noso base Rubén dende nove metros nos segundos finais.
O vindeiro fin de semana de ponte da Constitución, páranse todas as ligas zonais. Voltaremos o 14 de nadal visitando ao Rías Baixas "B".
Respecto ao resto da xornada na 3ªdivisión, destacar a primeira derrota en varias temporadas do Setentas, que caiu na súa cancha con Arcade por 67-72. No derbi comarcal Porriño gañou a Mos 56-47.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: PORRIÑO "B" 96 CASELAS 49
Cadete Fem: CASELAS 43 BAIONA 66
Infantil Fem: SALESIANOS 70 CASELAS 24
Alevín Mixto: CASELAS 32 SALESIANOS 37
Benxamín Mixto: CASELAS 18 TUI "B" 41
O vindeiro fin de semana será de descanso para todos. Voltamos á competición o 14 de nadal.


Publicado por cbcaselas @ 0:06  | CRONICAS