Lunes, 25 de noviembre de 2013
C.B.Caselas 64: Pedro 14, Igor 9, Rober 2, Rubén 9 e Oscar 15. QUINTETO. Pablo 10, Carlos 0, Lucas 5 e Marcos 0.
Parciais: 25-13 / 11-19 / 16-17 / 9-15
Incidencias: Xélida mañá de domingo (10 horas) no Pavillón vigués de Balaídos.
Heroica remontada do Caselas cun gran traballo colectivo de todo o equipo presente. Os de Salceda foron a remolque todo o encontro, con desventaxas de arredor de 15 puntos no segundo cuarto, pero foi entón cando o equipo reaccionou valentemente, dando como froito un empate a 60 moi cerca do final. Posteriormente canasta do noso base Pedro que nos pon por primeira vez diante no electrónico, 60-62, para rematar co 61-64 logo dun gran desgaste físico que tivo o seu merecidísimo premio. Noraboa equipo!

CATEGORÍAS BASE:
Primeira victoria do Cadete Masculino no Pavillón do Berbés perante Rías Baixas: 39-73. Os rapaces de Salceda dominaron por completo, levándose a victoria parcial en cada un dos catro cuartos: 8-14 / 8-22 / 15-20 / 8-17.
C.B.Caselas/E.D.M.Salceda (73): Alex 10, Bruno 15, Miguel 18, Carlos 0, Jose 16, Pablo 0, César 6, Cristian 0, Raúl 4 e Rubén 4.
Sinalar a lesión de Carlos Pérez no inicio do encontro, que sufre unha rotura de cúbito. Esperemos velo pronto co equipo. Ánimo!
Tamén victoria clara en Vigo no Apóstol do Cadete Feminino por 45-70.
Derrotas dun loitador equipo Infantil Feminino: Caselas 43 Baiona "B" 58, e dos peques Benxamíns: Novobasket Azul 52 Caselas 2.


Publicado por cbcaselas @ 23:08  | CRONICAS
Domingo, 24 de noviembre de 2013

O pasado xoves 21 tocou cámara para todos os xogadores do C.B.Caselas. Un a un (máis de 70 compoñentes) foron fotografiados nun xoves diferente aos demáis do ano. O baloncesto salcedense ocupará varias páxinas no álbum de cromos do Deporte de Salceda, iniciativa das Escolas Deportivas Municipais de Salceda. O álbum, que está previsto que salga para despois do Nadal, será un bonito recordo. Foi un día especial.....famosos por un día!!!
O equipo Infantil Feminino durante a sesión.


Publicado por cbcaselas @ 21:38
Mi?rcoles, 20 de noviembre de 2013

O acto de presentación do C.B.Caselas e Escolas Municipais de Baloncesto 13-14 foi un éxito. Grande ambiente no pavillón de deportes de Salceda, con máis de 300 persoas aplaudindo un a un aos seus pequenos ídolos, que foron desfilando pola cancha ao máis puro estilo NBA presentados por María José Ojea.
Este ano o clube e escolas teñen 6 equipos en competición -cifra récord en Salceda- con 70 xogadores/as e 5 entrenadores.
Támén se celebrou a segunda edición do concurso de tiro, que tivo estes resultados:
- Cadete Fem: gañadora Laura Estévez, que venceu na final a Blanca.
- Cadete Masc: gañador Carlos, que venceu a Miguel.
- Infantil Fem: gañadora Noelia, que venceu a Laura Rodríguez.
- Alevín Mixto: gañador Miguel Sánchez, que venceu a Raquel.
- Benxamín Mixto: gañadora Ana, que venceu a Carla.
Asistiron toda a directiva do C.B.Caselas e Escolas Deportivas, autoridades municipais, entre os que se encontraba o alcalde e a concelleira de deportes, e patrocinadores, que ano a ano apoian o noso traballo; a recordar: Concello de Salceda, Hermanos Núñez Lorenzo, Telmo Import, Suministros Porriño, Chocolates Antoxo, Norexca Excavacións e Construccións.
Agradecer aos voluntarios que nos axudaron en múltiples labores.


Publicado por cbcaselas @ 21:19  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 18 de noviembre de 2013

C.B.Caselas 66: Pedro 17, Igor 14, Rober 12, Lucas 4 e Marcos 0. QUINTETO. Pablo 4, Carlos 3, Rubén 6 e Oscar 6.
Parciais: 15-18 / 9-16 / 17-24 / 25-19.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Excelente entrada de público en partido celebrado o domingo a tarde despois do acto de presentación oficial dos equipos do C.B.Caselas. Preto de 200 personas. Presenza de varias autoridades locais, patrocinadores e directiva do Caselas.
O Caselas mostrouse como un equipo loitador e respondón perante un equipo da calidade e veteranía do Arcade, colíder invicto da categoría. Os da terra da ostra, pronto marcaron diferenzas, merced a fortaleza física dos seus homes e o gran acerto exterior no tiro. Así ao descanso abriuse unha pequena brecha: 24-34.
Na segunda metade os dous equipos ofreceron un bó espectáculo. A medida que transcurrían os minutos o partido aumentaba en vistosidade e intensidade. O Arcade colocaba os 20 puntos de diferenza no terceiro cuarto que parecían insalvables, pero os nosos foron a máis e lograron poñerse a só 6 puntos no periodo final: 58-64 e cun público moi animoso. Ao final, o oficio visitante e o acerto no tiro a media e longa distancia sentenciaron a un gran Caselas.

CATEGORÍAS BASE:
Os dous equipos cadetes descansaron. No resto de enfrontamentos, 2 victorias e 1 derrota:
Infantil Fem: MIRALBA 20 CASELAS 49
Alevín Mixto: CARMELITAS 27 CASELAS 29
Benxamín Mixto: CASELAS 2 DIVINO SALVADOR 42


Publicado por cbcaselas @ 23:11  | CRONICAS
Mi?rcoles, 13 de noviembre de 2013

HABERÁ CANTINA E A TÓMBOLA DE NADAL.  NON FALTEDES!!!! 

PARTIDOS DAS CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masculino e Feminino: DESCANSAN.
Infantil Feminino: MIRALBA-CASELAS
   Colexio Miralba (Vigo) / Sábado 16 / 18:00 / saída a 16:40.
Alevín Mixto: CARMELITAS-CASELAS
   Colexio Carmelitas (Vigo) / Sábado 16 / 10:00 / saída 8:45.
Benxamín Mixto: CASELAS-DIVINO SALVADOR AIREXA
   Pavillón de Salceda / Sábado 16 / 12:00.


Publicado por cbcaselas @ 19:39  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 11 de noviembre de 2013
C.B.Caselas 46: Pedro 8, Igor 11, Rober 4, Marcos 6 e Rubén Rdguez 8. QUINTETO. Pablo 2, Carlos 2, Lucas 0 e Oscar 5.
Parciais: 11-9 / 3-12 / 15-13 / 16-12.
Incidencias: Moi pouco público no Pavillón Óscar Pereiro de Mos na noite do sábado.
Unha canasta tripla do noso capitán Rubén Rodríguez a falla dun segundo para o remate, deulle a victoria ao Caselas, que contou hoxe coa baixa de Yanko. O encontro tivo un marcador moi baixo debido a escasa porcentaxe de tiro dos dous equipos. Os nosos dominaron case sempre no electrónico, aínda que con escasas rendas. Pero o Mos, cun plantel moi veterano e de altura, conseguiu darlle a volta cara ao final e colocarse 45-43 a poucos segundos do remate. Ahí apareceu Rubén para selar unha xusta victoria e a alegría de toda a expedición. Como dato negativo, a lesión dun loitador Pablo nun ombreiro. Esperamos que non sexa nada.

CATEGORÍAS BASE:
Debutaron os peques do Benxamín e Alevín Mixtos. Os Benxamíns, con todos os xogadores participando no primeiro partido da súa vida, perderon por KO en Seis do Nadal. Os Alevíns gañaron en Salceda ao Andersen por 43-34.
As Infantiles, lastradas polas baixas, loitaron ata o final co S.José La Guía e perderon 40-45. Igualmente os Cadetes perdían co mesmo equipo 42-69. As rapazas Cadetes desprazáronse a Vigo, pero non poideron xogar ao estar a cancha do Sauces S.José encharcada por un lateral debido as choivas.


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | CRONICAS
Lunes, 04 de noviembre de 2013
C.B.Caselas 48: Pedro 21, Igor 2, Yanko 11, Rober 4 e Rubén Rdguez 8. QUINTETO. Pablo 2, Carlos 0, Marcos 0.
Parciais: 22-11 / 9-14 / 11-6 / 6-12.
Incidencias: Seis decenas de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda.
O gran inicio do Caselas foi só un espexismo, pois pouco a pouco o equipo foise diluíndo ata rematar por "pedir a hora". E menos mal que o conxunto vigués do Electroships non estivo moito máis acertado para remontar.
Os nosos saíron lanzados, con acerto e un xogo alegre, que nos permitiu dominar sempre no marcador: 31-25 ao descanso e diferenzas de máis de 10 puntos no terceiro periodo. Pero nos minutos finais deste terceiro periodo chegou o baixón do Caselas: precipitación en ataque, mala selección de tiro e pouco acerto. As fortes defensas de ambos conxuntos impoñíanse aos ataques e os vigueses fixeron o xusto para poñer a incertidume na bancada a falla de 2 minutos: 42-39. Aquí chegou tal vez a xogada clave da victoria, cun pase de campo a campo de Yanko a Rober -sí, a Rober!- que este culmina en canastra por velocidade. O Caselas despertou: tarde, pero a tempo. E a victoria quedouse xustamente en Salceda.
Na vindeira semana, novo derbi comarcal: Mos-Caselas.

CATEGORÍAS BASE:
Nesta ponte de todos os Santos, só xogaron os Cadetes, que caíron co líder Salesianos Vigo por 20-79. Recordemos que a vindeira semana comeza a alegría nas pistas co inicio das ligas de minibásquet.


Publicado por cbcaselas @ 23:11  | CRONICAS
Domingo, 03 de noviembre de 2013

Xa só faltaban os máis pequenos por debutar, e, creédeme, teñen moitas gañas!
Os dous equipos de Minibásquet que sacaremos este ano serán o Alevín Mixto (entrenado por Manolo) e o Benxamín Mixto (entrenado por Natalia). Ambos comezan a liga o sábado 9 de novembro.
A Federación, moi acertadamente, fixo dúas divisións en vista das enormes diferenzas que hai nos equipos, especialmente nestas idades entre aqueles xogadores que xa levan un tempo competindo e moitos que empezan este ano de cero, como é o caso da maioría dos nosos xogadores/as. As divisións son a Clasificatoria para Liga Galega e a Zonal.
Os Alevíns están na Vigo Zonal grupo 2 cun total de 7 equipos que xogarán unha liga a doble volta. Debutan o sábado en Salceda co Colexio Andersen de Valadares.
Os Benxamíns están na Vigo Zonal grupo 1, con outros 7 equipos, xogando igualmente liga a doble volta. Debutan o sábado en Coia co Seis do Nadal "B".
Os calendarios completos podedes consultalos nesta web en Competicións>>>competicións dos nosos equipos>>>seleccionar categoría.
REUNIÓN DE PAIS/NAIS: Este luns 4 de novembro ás 6:30 da tarde no pavillón de Salceda terá lugar a reunión de pais/nais de minibásquet para explicar todo o relacionado coa temporada e competición. Prégase máxima asistencia.


Publicado por cbcaselas @ 0:29

NOREXCA        CHOCOLATES ANTOXO

Dous novos copatrocinadores únense ao Club Baloncesto Caselas. Por un lado Chocolates Antoxo, que renova un ano máis, apoiando ao equipo Alevín Mixto. Por outro lado a empresa de excavacións e construccións Norexca, que apoiará os máis peques do Benxamín Mixto.
A ambas, grazas por implicarse no noso proxecto.


Publicado por cbcaselas @ 0:14