Lunes, 04 de noviembre de 2013
C.B.Caselas 48: Pedro 21, Igor 2, Yanko 11, Rober 4 e Rubén Rdguez 8. QUINTETO. Pablo 2, Carlos 0, Marcos 0.
Parciais: 22-11 / 9-14 / 11-6 / 6-12.
Incidencias: Seis decenas de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda.
O gran inicio do Caselas foi só un espexismo, pois pouco a pouco o equipo foise diluíndo ata rematar por "pedir a hora". E menos mal que o conxunto vigués do Electroships non estivo moito máis acertado para remontar.
Os nosos saíron lanzados, con acerto e un xogo alegre, que nos permitiu dominar sempre no marcador: 31-25 ao descanso e diferenzas de máis de 10 puntos no terceiro periodo. Pero nos minutos finais deste terceiro periodo chegou o baixón do Caselas: precipitación en ataque, mala selección de tiro e pouco acerto. As fortes defensas de ambos conxuntos impoñíanse aos ataques e os vigueses fixeron o xusto para poñer a incertidume na bancada a falla de 2 minutos: 42-39. Aquí chegou tal vez a xogada clave da victoria, cun pase de campo a campo de Yanko a Rober -sí, a Rober!- que este culmina en canastra por velocidade. O Caselas despertou: tarde, pero a tempo. E a victoria quedouse xustamente en Salceda.
Na vindeira semana, novo derbi comarcal: Mos-Caselas.

CATEGORÍAS BASE:
Nesta ponte de todos os Santos, só xogaron os Cadetes, que caíron co líder Salesianos Vigo por 20-79. Recordemos que a vindeira semana comeza a alegría nas pistas co inicio das ligas de minibásquet.


Publicado por cbcaselas @ 23:11  | CRONICAS