Domingo, 03 de noviembre de 2013

Xa só faltaban os máis pequenos por debutar, e, creédeme, teñen moitas gañas!
Os dous equipos de Minibásquet que sacaremos este ano serán o Alevín Mixto (entrenado por Manolo) e o Benxamín Mixto (entrenado por Natalia). Ambos comezan a liga o sábado 9 de novembro.
A Federación, moi acertadamente, fixo dúas divisións en vista das enormes diferenzas que hai nos equipos, especialmente nestas idades entre aqueles xogadores que xa levan un tempo competindo e moitos que empezan este ano de cero, como é o caso da maioría dos nosos xogadores/as. As divisións son a Clasificatoria para Liga Galega e a Zonal.
Os Alevíns están na Vigo Zonal grupo 2 cun total de 7 equipos que xogarán unha liga a doble volta. Debutan o sábado en Salceda co Colexio Andersen de Valadares.
Os Benxamíns están na Vigo Zonal grupo 1, con outros 7 equipos, xogando igualmente liga a doble volta. Debutan o sábado en Coia co Seis do Nadal "B".
Os calendarios completos podedes consultalos nesta web en Competicións>>>competicións dos nosos equipos>>>seleccionar categoría.
REUNIÓN DE PAIS/NAIS: Este luns 4 de novembro ás 6:30 da tarde no pavillón de Salceda terá lugar a reunión de pais/nais de minibásquet para explicar todo o relacionado coa temporada e competición. Prégase máxima asistencia.


Publicado por cbcaselas @ 0:29