Martes, 29 de octubre de 2013
C.B.Caselas 47: Pedro 9, Yanko 4, Rober 6, Rubén Rdguez 6 e Rubén Alonso 0. QUINTETO. Pablo 9, Carlos 0, Lucas, Marcos 3 e Oscar 10.
Parciais: 18-13 / 12-10 / 18-18 / 13-6.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Bouzas. Primeira vez na historia que o Caselas visita esta cancha.
O Caselas poucas veces estivo metido nun encontro de non moita calidade. Sen embargo os de Carlos Kustrin tiveron opcións ata o cuarto final perante o líder, 48-41. Nos derradeiros 10 minutos, para olvidar, o equipo estivo descentrado e a diferenza aumentou ata eses 14 puntos.
A partir de agora nos espera un calendario teoricamente máis asequible. O sábado recibimos en Salceda ao Electroships de Vigo.

CATEGORÍAS BASE:
Derrotas claras do Cadete Masculino, Feminino e Infantil Feminino perante o Seis Nadal "C", Novobasket Celta e Celta Bosco respectivamente. Os nosos, con baixas importantes de varios xogadores/as, atopáronse con equipos superiores.


Publicado por cbcaselas @ 21:31  | CRONICAS
Martes, 22 de octubre de 2013


Dúas imaxes do encontro Caselas-Porriño.

C.B.Caselas 66: Pedro 16, Igor 2, Yanko 20, Rober 4 e Rubén Alonso 3. QUINTETO. Pablo 12, Carlos 2, Rubén Rdguez 2, Oscar 5 e Lucas.
Porriño B.B. 58: Punzón 3, Miguel 17, Y.Vigo 3, R.Vigo 4 e Aitor 8. QUINTETO. Loureiro 1, Sequeiros 3, Alonso 12, Carlos 1 e M.Martínez 6.
Parciais: 16-14 / 17-20 / 20-10 / 13-14.
Incidencias: Moi bó ambiente no Pavillón de Deportes de Salceda, con 100 afecionados animando constantemente.
Partido vibrante, avivado pola emoción no marcador e a intensidade que os dous equipos ofreceron durante os 40 minutos.
O Caselas, empurrado por un agradecido público, mostrouse como un equipo moi sólido, saíndo moi ben da presión defensiva dos xóvenes xogadores porriñeses -varios de eles con pasado salcedense-. Ao descanso, 33-34 e a emoción servida.
Cara ao final do terceiro cuarto, os de Salceda abriron unha brecha no electrónico insalvable para os visitantes, poñendo un importante 53-44. No periodo final o xogo voltouse algo bronco. Os equipos, aínda que sen moito acerto, fixeron un último desgaste, pero o Caselas tirou de veteranía para levarse xustamente a primeira victoria.
Na vindeira semana visitamos a cancha do líder invicto, Rías Baixas "A", empatado con Arcade e Setentas.


Caselas-Airexa Nigrán de Infantil Feminino o sábado no pavillón de Salceda.

CATEGORÍAS BASE:
Axustadas derrotas do Infantil Feminino e Cadete Masculino. As rapazas perdían no debut cun Airexa superior fisicamente: 36-46. Os rapaces facíano co Apóstol: 46-52, logo dun gran esforzo na segunda parte que resultou insuficiente.
O Cadete Feminino non tivo opción en Vigo co Compañia de María: 80-27.


Publicado por cbcaselas @ 0:32  | CRONICAS
Mi?rcoles, 16 de octubre de 2013

Un novo equipo do EDM.Salceda/CB.Caselas comeza a competición este sábado: o Infantil Feminino de Adrián e Xan. Cunha plantilla curta, de primeiro ano, pero co reforzo de varias alevíns, as rapazas de Salceda -sobradas de ilusión- loitarán ao máximo. Sorte equipo!!!!!

Calendario: A 2ªDivisión Grupo E (zona de Vigo), quedou dividida en 2 grupos: E-1 (7 equipos) / E-2 (8 equipos, onde está o Caselas).
Debutamos este sábado en Salceda recibindo ao Airexa Nigrán. Na 2ªxornada visitamos ao R.C.Celta Bosco e na 3ª recibimos ao S.José La Guía.
Equipos: Caselas, Airexa Nigrán, R.C.Celta Bosco, S.José La Guía, Miralba, Baiona "B", Salesianos, Las Acacias.
Cómo será a Liga?  Nesta 1ªfase xogan todos contra todos a doble volta. Na 2ªfase, os 2 primeiros clasificados xogarán a fase polo título de liga nunha liguiña a doble volta cos 2 primeiros do outro grupo. De igual xeito xogarán o 3º e 4º (postos 5º a 8º), 5º e 6º (postos 9º a 12º) e 7º e 8º (postos 13º a 15º).
Os calendarios completos estarán proximamente nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS>>>(logo seleccionar 2ªdivisión infantil feminino grupo E-2).


Publicado por cbcaselas @ 21:36
Lunes, 14 de octubre de 2013
C.B.Caselas 54: Igor 2, Yanko 17, Rober 4, Rubén Rdguez 5 e Rubén Alonso 3. QUINTETO. Pedro 7, Pablo 13, Carlos 0, Lucas 3 e Marcos 0.
Parciais: 20-12 / 16-11 / 25-10 / 17-21.
Incidencias: Tarde de sábado no Pavillón Universitario de Vigo.
No baloncesto, unha derrota de 24 puntos perante un equipo da categoría dos Setentas é moi normal, máxime tendo en conta que falamos do campeón de liga e galego o ano pasado e nos últimos anos. O Caselas saiu a facer o seu xogo habitual, sen complexos, co lunar do terceiro cuarto, onde encaixamos un parcial de 25-10 (61-33 no electrónico). Logramos gañar o periodo final, 17-21 e rematar cun resultado moi decente.

CATEGORÍAS BASE:
Derrotas de ambos cadetes perante aspirantes ao título. As rapazas perderon en Balaídos co Celta Bosco 72-32, e os rapaces vironse totalmente desbordados por un Novobasket Vigo "A". Por outro lado, outro equipo das escolas comeza a liga o vindeiro fin de semana: o Infantil Feminino.


Publicado por cbcaselas @ 22:54  | CRONICAS
S?bado, 12 de octubre de 2013


SUMIPOR é novo patrocinador do Club Baloncesto Caselas. Adicada a todo tipo de suministros industriais e distribución de lubricantes -LUBRIPOR- esta empresa está situada no Polígono Industrial A Granxa, en Porriño, con teléfono 986.342535 e web: www.sumipor.com.
SUMIPOR patrocinará en concreto ao equipo Cadete Masculino.
Dende a directiva agradecemos a confianza depositada no noso proxecto, así como a súa implicación co baloncesto base.


Publicado por cbcaselas @ 21:27
Lunes, 07 de octubre de 2013


O equipo senior 13-14 ao completo.

C.B.Caselas 72: Pedro 11, Igor 19, Yanko 21, Rober 5 e Rubén Alonso 0. QUINTETO. Pablo 5, Carlos 3, Lucas 0, Marcos 2, Rubén Rdguez 5 e Oscar 1.
Parciais: 21-17 / 15-17 / 12-18 / 15-11. Prórroga: 9-13.
Incidencias: Sete decenas de ruidosos espectadores no debut do Caselas.
Locais e visitantes desarrollaron un intensísimo e bonito xogo, con moitísimas alternativas no electrónico como facía tempo que non se miraba. Ningún equipo conseguía dominar e as diferenzas eran mínimas. Isto provocou que en ocasións o ritmo enloquecera, unido aos erros típicos de inicio de liga. Así é todo, o partido tivo que ir a prórroga ao rematar os 40 minutos con empate a 63.
Nos cinco minutos adicionais, o Caselas pagou caro os erros, unido ao acerto visitante.
Destacar o estreno, logo de recuperarse das duras lesións, de Igor e Yanko, con boas actuacións. A pesar da derrota, o equipo deixa moi boas sensacións.

CATEGORÍAS BASE:
Estrenouse o Cadete Masculino con derrota en Salceda con Porriño "B", 50-60. Os esforzo dos de Carlos Kustrin no último cuarto -parcial 19-13- non chegou para remontar.
O Cadete Feminino debutará este xoves 10 as 7 da tarde no Pavillón de Salceda: Caselas-Seis do Nadal Coia "B".


Publicado por cbcaselas @ 23:34  | CRONICAS
Mi?rcoles, 02 de octubre de 2013

Arranca a Liga 2013-2014 para o Senior Masc, Cadete Masc e Cadete Fem. Aquí vos queda a programación. Vos esperamos no pavillón!

Senior Masc CASELAS-
PUERTO VIGO
Pavillón de Salceda Sábado 5 18:00
Cadete Masc CASELAS-
PORRIÑO "B"
Pavillón de Salceda Sábado 5 10:00
Cadete Fem CASELAS-
SEIS NADAL "B"
Pavillón de Salceda
-APRAZADO A PETICIÓN
DO SEIS NADAL-
Sábado 5 12:00
Infantil Fem
Alevín Mixto
Benxamín Mixto

Patrocinadores:
Dúas entidades comerciais de Salceda comprometéronse con nós para esta temporada. Son HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L. (patrocinador Senior Masculino) e TELMO IMPORT (Cadete Feminino). Tamén se conta co apoio dende sempre do CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. A directiva traballa para acadar máis colaboracións, necesarias para o mantemento de todos os equipos.
A todos eles, agradecerlle publicamente o seu apoio.


Publicado por cbcaselas @ 23:28

Tamén os nosos rapaces e rapazas Cadetes saltan as canchas neste fin de semana do 5-6 de outubro. Despois de máis dun mes de preparación xa tiñan gañas de empezar, como manifestaron a maioría deles.

CADETE MASCULINO (2ªDivisión Grupo E-1):
Os rapaces de Carlos Kustrin debutan en Salceda no derbi con Porriño "B". Na segunda xornada xornada desprázanse a Vigo para xogar co Novobasket "A", e na terceira reciben ao Apóstol.
Equipos: Caselas, Porriño "B", Novobasket Vigo "A", Apóstol, Salesianos, S.José La Guía, Rías Baixas, Seis Nadal "C".

CADETE FEMININO (2ªDivisión Grupo E):
As rapazas de Adrián Salgado e Xan Otero debutan tamén en Salceda co Seis Nadal "B". Na segunda xornada R.C.Celta Bosco-Caselas, e na terceira Compañía María-Caselas.
Equipos: Caselas, Seis Nadal "B", Celta Bosco, Novobasket Celta, Los Sauces S.José, Apóstol, Baiona, Airexa Nigrán, Compañía María.

Cómo será a Liga para ambos equipos?  Nesta 1ªfase xogan todos contra todos a doble volta. Na 2ªfase, os primeiros clasificados (non se especifica cantos), xogarán a fase de ascenso nunha liguiña cos primeiros doutros grupos. O resto de equipos -os que desexen- xogarán a Copa Primavera.
Tendes os calendarios completos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS>>>(logo seleccionar 2ªdivisión cadete masc e fem e temporada 13-14).


Publicado por cbcaselas @ 0:06
Martes, 01 de octubre de 2013

Arranca o C.B.CASELAS Senior Masculino unha ilusionante temporada co obxectivo de estar na zona alta da táboa. O primeiro equipo estará patrocinado novamente pola Asesoría Fiscal Laboral HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L., unha empresa de Salceda de Caselas moi implicada co baloncesto local, o que agradecemos sinceiramente.
O plantel salcedense, ao mando un ano máis de Carlos Kustrin, continúa con case todos os xogadores que tan bó resultado deron nos últimos anos, recuperando a varios xogadores lesionados, e coa única baixa por motivos laborais de César Dacosta, ao que agradecemos a súa implicación sempre con este clube.
Para cubrir a baixa fichouse ao alicantino Marcos Mirambell, un ala-pivot de 27 anos e 1,86m procedente do Baloncesto Novelda (Alicante), equipo co que xogou na 1ªAutonómica da Comunidade Valenciana. Benvido Marcos!
Agradecer a gran cantidade de xogadores que viñeron a probar e aos que nos axudan nos entrenamentos.

PLANTILLA C.B.CASELAS:

Bases:
Pedro Larrañaga, Rubén Rodríguez.
Escoltas: Lucas Caruncho.
Alas: Igor Sío, Carlos Vicente, Rubén Alonso.
Ala Pivots: Oscar Docampo, Pablo Cabaleiro, Yanko González, Marcos Mirambell.
Pivots: Roberto Alvarez.
ENTRENADOR: Carlos Kustrin.


Publicado por cbcaselas @ 23:30  | EQUIPOS