Mi?rcoles, 25 de septiembre de 2013

O CASELAS Senior Masculino xa ten calendario de Liga de 3ª División Grupo E, logo do sorteo celebrado onte martes na Delegación Viguesa de Baloncesto. A competición comeza o fin de semana do 5-6 de outubro, con 12 planteis loitando por un título de liga en poder dos Setentas de Vigo, que ademáis tamén quedou campión galego, nun Grupo E considerado pola maioría como o máis potente de Galicia.
Equipos:  9 equipos repiten: Caselas, Setentas, Porriño "B", Rías Baixas "A", Grupo Austen, Mos, Arcade, Rodaballo e Seis Nadal Coia.
3 equipos novos: Puerto Vigo, Rías Baixas "B" e Novobasket (ex-Ademar Vigo).
Calendario do Caselas:  Debutamos en casa o 5-6 de outubro recibindo ao ascendido Puerto Vigo. Na 2ªxornada visitamos ao Setentas. Na 3ª recibimos en Salceda no derbi ao Porriño "B". O calendario completo podedes consultalo no Menú Principal >>> Competición >>> Competición dos nosos equipos temp.13-14.
Cómo será a Liga?  O sistema non varía do ano pasado. Na 1ªfase xogan todos contra todos a doble volta. Os 2 primeiros clasificados xogarán a fase de ascenso nunha liguiña cos primeiros doutros grupos. Os 2 últimos xogarán a fase de descenso de igual xeito. O resto de equipos -os que desexen- xogarán a Copa Primavera.
Nos vindeiros días daremos a coñecer o plantel do C.B.Caselas 13-14.


Publicado por cbcaselas @ 22:27
Martes, 24 de septiembre de 2013

Dende as ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE SALCEDA (E.D.M. Salceda) do Concello de Salceda, informan das seguintes novas, que afectan as categorías base de baloncesto:

Chándal oficial: Chegouse a un acordo con Deportes González de Salceda para mercar o chándal marca Zico. Os interesados deben encargalo alí antes do 1 outubro. O prezo, 30 euros.
Album de cromos: Chegouse a un acordo con Cromogal para facer un album de cromos do deporte salcedense onde os nenos/as e deportistas se sintan protagonistas, gardando ademáis un fantástico recordo. É imprescindible que cada xogador/a e entrenadores entreguen na oficina de deportes a autorización firmada.
Seguro deportivo: Informarase do seguro deportivo e protocolo de actuación en caso de lesión. No caso de lesión nos adestramentos ou partidos, deberá comunicarse de inmediato na oficina de deportes das EDM.Salceda para confeccionar o parte de accidentes. Transcurridos 7 días da lesión sen comunicala, o lesionado perderá o dereito a asistencia médica contratada polo seguro.
Regulamento de Réxime Interno: Entrégase a cada familia copia deste Regulamento que os deportitas deben respetar e cumprir.


Publicado por cbcaselas @ 14:40
S?bado, 21 de septiembre de 2013

O C.B.Caselas/E.D.M.Salceda xa ten completa a nómina de entrenadores para a nova temporada, con todos eles inmersos nun intenso traballo para preparar e configurar as plantillas para a liga. Os últimos en incorporarse ao traballo foron os máis pequechos de Iniciación, que comezaron esta semana ás ordes de Natalia.
O clube conta con 2 entrenadores novos, como son Adrián Salgado (26 anos) e Xan Otero (28), que se encargarán do Cadete Feminino e Infantil Feminino (Adrián como primeiro entrenador e Xan como segundo de ambos equipos). Adrián levaba varios anos entrenando a categorías base do C.B.Tui e o ano pasado entrenou ao Cluny de Santiago Infantil Feminino, ademáis de axudante do Alevín Feminino. Xan entrenou ao Junior Feminino do C.B.Tui. Benvidos!!
Por outro lado, continúan Carlos Kustrin (68 anos, 5ªtemporada no clube, encargado do Senior Masculino e Cadete Masculino), Manuel González (40 anos, 16ªtemporada, encargado do Alevín Feminino) e Natalia López (37 anos, 7ªtemporada, encargada da Iniciación/Benxamín Mixto).

COMEZO DAS LIGAS:
O Senior Masc, Cadete Masc e Cadete Fem, comezan o 5-6 outubro, segundo as bases de competición da FEGABA. O Infantil Feminino o 19-20 outubro. O Minibasquet non ten data confirmada. Informaremos de todo o relacionado cos equipos e calendarios.


Publicado por cbcaselas @ 1:22
Domingo, 15 de septiembre de 2013


Un tempo maravilloso no perfecto escenario da Praza do Concello de Salceda, e coa participación de 40 rapaces/as, celebrouse esta festa do minibásquet que cumpre o seu 7ºano.
Os xóvenes xogadores -futuros Gasol e Ricki Rubio- disfrutaron dunha tarde chea de xogos, concurso de tiro e partidos, baixo a mirada de moito público.
É de agradecer a colaboración de 15 voluntarios entre xogadores do clube (gran traballo das cadetes), entrenadores, directivos e outras persoas, sen o cal esta festa sería imposible.

O concurso de tiro volveu a ter un grande éxito.

Os partidos foron moi disputados.

O entrenador do Caselas Senior e Cadete Carlos disposto a facer un cambio.
A dereita, Blanca na labor de arbitraxe.

A xogadora Laura Rodríguez pechada por varios defensores.


Publicado por cbcaselas @ 0:36  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 08 de septiembre de 2013


Reunión de voluntarios: todos os voluntarios que queran colaborar na organización deste evento, están convocados a unha reunión o luns 9 de setembro as 20:00h no Pavillón de Deportes.


Publicado por cbcaselas @ 13:24  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 03 de septiembre de 2013

Do 4 ao 22 de setembro dispútase en Eslovenia o EUROBASKET 2013 masculino, coa selección española aspirando a todo como sempre.
Todos os partidos da selección de Orenga podedes seguilos en directo por CUATRO, polo que tendes unha grande oportunidade de ir quentando motores. As outras seleccións podedes seguilas por ENERGY.

Sistema: España xogará unha liguiña na primeira fase no grupo C xunto a Chequia, Croacia, Eslovenia, Georgia e Polonia. Os 3 primeiros de cada grupo (12 equipos) clasifican para unha nova liguiña na 2ªfase. De ahí saldrán 8 equipos que xogarán cuartos de final, semifinais e final.

Calendario de España:
- Mércores 4 - 17:45h:   ESPAÑA-CROACIA
- Xoves 5 - 21:00h:   ESLOVENIA-ESPAÑA
- Sábado 7 - 14:30h:   ESPAÑA-CHEQUIA
- Domingo 8 - 14:30h:   POLONIA-ESPAÑA
- Luns 9 - 14:30h:   GEORGIA-ESPAÑA
SEGUNDA FASE:
- Xoves 12 - 17:45h:  GRECIA-ESPAÑA
- Sábado 14 - 17:45h:  ESPAÑA-FINLANDIA
- Luns 16 - 17:45h:  ITALIA-ESPAÑA
CUARTOS DE FINAL:
- Mércores 18 - 17:30h:  SERBIA-ESPAÑA (A)
- Mércores 18 - 21:00h:  ESLOVENIA-FRANCIA (B)
- Xoves 19 - 17:45h:  CROACIA-UCRANIA (C)
- Xoves 19 - 21:00h:  LITUANIA-ITALIA (D)
SEMIFINAIS:
- Venres 20 - 21:00h:  ESPAÑA-FRANCIA
- Venres 20 - 17:45h:  CROACIA-LITUANIA
3º/4º POSTO E FINAL:
- Domingo 22 - 17:30h:  ESPAÑA-CROACIA (3º/4º)
- Domingo 22 - 21:00h:  FRANCIA-LITUANIA (Final)


Publicado por cbcaselas @ 23:39