Mi?rcoles, 25 de septiembre de 2013

O CASELAS Senior Masculino xa ten calendario de Liga de 3ª División Grupo E, logo do sorteo celebrado onte martes na Delegación Viguesa de Baloncesto. A competición comeza o fin de semana do 5-6 de outubro, con 12 planteis loitando por un título de liga en poder dos Setentas de Vigo, que ademáis tamén quedou campión galego, nun Grupo E considerado pola maioría como o máis potente de Galicia.
Equipos:  9 equipos repiten: Caselas, Setentas, Porriño "B", Rías Baixas "A", Grupo Austen, Mos, Arcade, Rodaballo e Seis Nadal Coia.
3 equipos novos: Puerto Vigo, Rías Baixas "B" e Novobasket (ex-Ademar Vigo).
Calendario do Caselas:  Debutamos en casa o 5-6 de outubro recibindo ao ascendido Puerto Vigo. Na 2ªxornada visitamos ao Setentas. Na 3ª recibimos en Salceda no derbi ao Porriño "B". O calendario completo podedes consultalo no Menú Principal >>> Competición >>> Competición dos nosos equipos temp.13-14.
Cómo será a Liga?  O sistema non varía do ano pasado. Na 1ªfase xogan todos contra todos a doble volta. Os 2 primeiros clasificados xogarán a fase de ascenso nunha liguiña cos primeiros doutros grupos. Os 2 últimos xogarán a fase de descenso de igual xeito. O resto de equipos -os que desexen- xogarán a Copa Primavera.
Nos vindeiros días daremos a coñecer o plantel do C.B.Caselas 13-14.


Publicado por cbcaselas @ 22:27