Martes, 24 de septiembre de 2013

Dende as ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE SALCEDA (E.D.M. Salceda) do Concello de Salceda, informan das seguintes novas, que afectan as categorías base de baloncesto:

Chándal oficial: Chegouse a un acordo con Deportes González de Salceda para mercar o chándal marca Zico. Os interesados deben encargalo alí antes do 1 outubro. O prezo, 30 euros.
Album de cromos: Chegouse a un acordo con Cromogal para facer un album de cromos do deporte salcedense onde os nenos/as e deportistas se sintan protagonistas, gardando ademáis un fantástico recordo. É imprescindible que cada xogador/a e entrenadores entreguen na oficina de deportes a autorización firmada.
Seguro deportivo: Informarase do seguro deportivo e protocolo de actuación en caso de lesión. No caso de lesión nos adestramentos ou partidos, deberá comunicarse de inmediato na oficina de deportes das EDM.Salceda para confeccionar o parte de accidentes. Transcurridos 7 días da lesión sen comunicala, o lesionado perderá o dereito a asistencia médica contratada polo seguro.
Regulamento de Réxime Interno: Entrégase a cada familia copia deste Regulamento que os deportitas deben respetar e cumprir.


Publicado por cbcaselas @ 14:40