S?bado, 21 de septiembre de 2013

O C.B.Caselas/E.D.M.Salceda xa ten completa a nómina de entrenadores para a nova temporada, con todos eles inmersos nun intenso traballo para preparar e configurar as plantillas para a liga. Os últimos en incorporarse ao traballo foron os máis pequechos de Iniciación, que comezaron esta semana ás ordes de Natalia.
O clube conta con 2 entrenadores novos, como son Adrián Salgado (26 anos) e Xan Otero (28), que se encargarán do Cadete Feminino e Infantil Feminino (Adrián como primeiro entrenador e Xan como segundo de ambos equipos). Adrián levaba varios anos entrenando a categorías base do C.B.Tui e o ano pasado entrenou ao Cluny de Santiago Infantil Feminino, ademáis de axudante do Alevín Feminino. Xan entrenou ao Junior Feminino do C.B.Tui. Benvidos!!
Por outro lado, continúan Carlos Kustrin (68 anos, 5ªtemporada no clube, encargado do Senior Masculino e Cadete Masculino), Manuel González (40 anos, 16ªtemporada, encargado do Alevín Feminino) e Natalia López (37 anos, 7ªtemporada, encargada da Iniciación/Benxamín Mixto).

COMEZO DAS LIGAS:
O Senior Masc, Cadete Masc e Cadete Fem, comezan o 5-6 outubro, segundo as bases de competición da FEGABA. O Infantil Feminino o 19-20 outubro. O Minibasquet non ten data confirmada. Informaremos de todo o relacionado cos equipos e calendarios.


Publicado por cbcaselas @ 1:22