Domingo, 15 de septiembre de 2013


Un tempo maravilloso no perfecto escenario da Praza do Concello de Salceda, e coa participación de 40 rapaces/as, celebrouse esta festa do minibásquet que cumpre o seu 7ºano.
Os xóvenes xogadores -futuros Gasol e Ricki Rubio- disfrutaron dunha tarde chea de xogos, concurso de tiro e partidos, baixo a mirada de moito público.
É de agradecer a colaboración de 15 voluntarios entre xogadores do clube (gran traballo das cadetes), entrenadores, directivos e outras persoas, sen o cal esta festa sería imposible.

O concurso de tiro volveu a ter un grande éxito.

Os partidos foron moi disputados.

O entrenador do Caselas Senior e Cadete Carlos disposto a facer un cambio.
A dereita, Blanca na labor de arbitraxe.

A xogadora Laura Rodríguez pechada por varios defensores.


Publicado por cbcaselas @ 0:36  | TORNEOS E ACTOS