Martes, 09 de julio de 2013

Vos deixamos co balance deportivo do C.B.Caselas da temporada finalizada. Sería interesante que calquera opinión, comentario, apreciación, ou simplemente, discrepancia, o comentedes tranquilamente no foro.

SENIOR MASCULINO:

1ªFase (3ªdivisión autonómica grupo E):
5º clasificado de 11 equipos.
>>>> 11 victorias / 9 derrotas.
Copa Primavera grupo 1:
3º clasificado de 6 equipos.
>>>> 3 victorias / 2 derrotas.
TOTAL TEMPORADA: 14 victorias / 11 derrotas.
As lesións a inicio de temporada de 2 xogadores importantes como Igor e Yanko (que xa non xogaron máis en toda a liga), mermaron moito o potencial do equipo, que deu a cara ata o final competindo en todos os partidos. A segunda volta de liga foi moi boa, con 7 victorias consecutivas na segunda volta, que nos auparon ao 5ºposto final (empatados co 4º). Na Copa fallamos no encontro decisivo en Salceda con Porriño.

CADETE MASCULINO:

1ªFase (2ªdivisión autonómica grupo E-1):
6º clasificado de 7 equipos.
>>>> 2 victorias / 10 derrotas.
2ªFase (Postos 9 a 14):
Posto 13 de 14 equipos.
>>>> 1 victoria / 4 derrotas.
Copa Primavera grupo 2:
6º clasificado de 6 equipos.
>>>> 0 victorias / 5 derrotas

TOTAL TEMPORADA: 3 victorias / 19 derrotas.
O equipo pagou a novatada dunha plantilla curtísima de primeiro ano, completada con moitos xogadores infantiles. Como aspecto positivo, todos os xogadores continuarán un ano máis na mesma categoría ao ser de primeiro ano.

CADETE FEMININO:

1ªFase (2ªdivisión autonómica grupo E-1):
3º clasificado de 7 equipos.
>>>> 8 victorias / 4 derrotas.
2ªFase (Postos 5 a 8):
Posto 5 de 13 equipos.
>>>> 6 victorias / 0 derrotas.
Copa Primavera grupo 2:
3º clasificado de 5 equipos.
>>>> 2 victorias / 2 derrotas

TOTAL TEMPORADA: 16 victorias / 6 derrotas.
O mellor equipo do clube en canto a resultados, cun equipo composto por xogadoras de primeiro ano. Quedáronse as portas de clasificarse para a loita polo título de liga, e cerca da final de copa. As derrotas foron con tan só 2 equipos: o Airexa e o Maritstas Celta. Destacar o compromiso das xogadoras.

INFANTIL MASCULINO:

1ªFase (2ªdivisión autonómica grupo E-2):
4º clasificado de 6 equipos.
>>>> 4 victorias / 6 derrotas.
2ªFase (Postos 7 a 12):
Posto 11 de 18 equipos.
>>>> 2 victorias / 8 derrotas.
Copa Primavera grupo 2:
6º clasificado de 6 equipos.
>>>> 1 victoria / 4 derrotas

TOTAL TEMPORADA: 7 victorias / 18 derrotas.
O equipo tivo un xogo moi irregular na temporada, alternando bos partidos con outros malos. Sen embargo os rapaces competiron na maioría dos partidos, con derrotas xustas e na prórroga. Con un pouco máis de sorte quedarían máis arriba.

ALEVÍN FEMININO:

1ªFase (Liga de Vigo grupo A):
4º clasificado de 9 equipos.
>>>> 5 victorias / 3 derrotas.
2ªFase (Postos 7 a 12):
Posto 10 de 18 equipos.
>>>> 4 victorias / 6 derrotas.
Copa Primavera grupo 1:
3º clasificado de 7 equipos.
>>>> 4 victorias / 2 derrotas

TOTAL TEMPORADA: 13 victorias / 11 derrotas.
Boa campaña das alevíns, cun grupo numeroso e comprometido que foron a máis ao longo do campionato. Na temporada anterior, sendo de primeiro ano a maioría, pagaron a novatada, pero este ano cambiaron por completo. Ao igual que as cadetes, quedáronse a un posto de loitar polo título de liga e preto da final de copa.


Publicado por cbcaselas @ 1:04
Jueves, 04 de julio de 2013

Dentro das actividades culturais de verán do Concello de Salceda de Caselas, inclúese este ano unha xornada de baloncesto, que será este LUNS 8 DE XULLO ÁS 6 DA TARDE NA PRAZA DO CONCELLO DE SALCEDA.

- Para nenos/as que desexen categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete (de 6 a 16 anos).

- Comezaremos con xogos e concursos, para rematar con partidos divididos en 2 categorías: Primeiro: prebenxamín, benxamín e alevín.  A continuación: infantil e cadete.

VOS ESPERAMOS A TODOS!   PASÁDEVOS A VOZ!

Organizan: CONCELLO DE SALCEDA - CLUB BALONCESTO CASELAS.


Publicado por cbcaselas @ 17:29  | TORNEOS E ACTOS