S?bado, 29 de junio de 2013

Cuartos de final do Mundial Sub-20 de Fútbol:

ESPAÑA - URUGUAY:  Sábado 6 xullo as 20:00 horas en LA SEXTA.

Coa presencia na selección española de Denis Suárez, xogador de Salceda de Caselas, do Manchester City e primo da nosa xogadora alevín Gloria Suárez.
Tamén vos deixo cunha ligazón dun vídeo do noso deporte sinxelamente espectacular: www.marca.com/blogs/tiros-libres/2012/02/06/el-gigante-adolescente-de-230-m-y-140-kg.html


Publicado por cbcaselas @ 14:39
Mi?rcoles, 12 de junio de 2013

Gran experiencia das nosas rapazas alevíns no "X Día Autonómico do Minibasquet El Correo Gallego", celebrado no grandioso marco do Pavillón Fontes do Sar da capital de Galicia.
As xogadoras das Escolas Deportivas Municipais, acompañadas polo entrenador Manolo, varios directivos e pais, viviron máis de 10 horas de baloncesto, con partidos, xogos, concursos e convivencia. En canto a resultados, nos dous partidos xogados perante os equipos santiagueses de Remedios e Lestonac, o Caselas venceu por unha abultada ventaxa, mostrando un bó nivel.
Dende a directiva, felicitar á organización polo impecable traballo nun evento grandioso (máis de 1.400 xogadores e 98 equipos de toda Galicia).








Publicado por cbcaselas @ 23:27  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 10 de junio de 2013

As rapazas alevíns do CB.Caselas/EDM.Salceda enfrontáronse na derradeira xornada ao líder do grupo A da copa, o Airexa Nigrán, que xogará a final. A única opción de clasificarse para a final era vencer por unha abultada diferenza, misión case imposible.
As de Salceda fixeron un gran partido apoiadas por moitísimo público. Tan só un mal cuarto periodo -parcial de 4-16- nos privou, canto menos, da victoria. Ao final Caselas 55 Airexa 63, pero o equipo deixando moi boas sensacións.
Con este partido remata a temporada 2012-2013 para todos os equipos do clube. Nas vindeiras datas faremos un balance deportivo equipo por equipo.

NOTA: Esta semana colgaremos as fotos e reportaxe do Minibasquet El Correo Gallego, onde estiveron as nosas alevíns.


Publicado por cbcaselas @ 21:34
Martes, 04 de junio de 2013

O Infantil e o Cadete Masculinos remataron a temporada 12-13 coa disputa da última xornada de Copa Primavera, onde ningún equipo tiña opción de clasificarse. Os Infantiles venceron no derbi a Tui "B" por 50-43. Os Cadetes perdían con Carmelitas Vigo por 34-51.
Por outro lado, o Alevín Feminino perdeu na penúltima xornada de Copa en Vigo co Apóstol por 39-38. As nosas, a pesar da boa actitude, cometeron moitísimos erros e imprecisións, sobre todo de cara ao aro. Supostamente darásenos o partido por gañado ao presentar as locais 8 xogadoras (o regulamento esixe un mínimo de 9). As escasísimas opcións de chegar á final pasan por gañar dunha abultada diferenza ao líder Airexa Nigrán este xoves 6 de xuño en Salceda.

ALEVÍN FEM (última xornada de Copa):
CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Xoves 6 xuño ás 6 da tarde no Pavillón de Salceda.
A continuación, partidillo de fin de tempada CADETE FEMININO - CADETE MASCULINO.

TORNEO MINIBASQUET EL CORREO GALLEGO:
O Alevín Feminino acudirá un ano máis ao torneo de minibásquet "El Correo Gallego", que se celebra o sábado 8 de xuño no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, onde xoga o único equipo galego da Liga ACB, o Obradoiro Blu-Sens Monbús. Informaremos nunha nota de todos os detalles.


Publicado por cbcaselas @ 23:48