Mi?rcoles, 12 de junio de 2013

Gran experiencia das nosas rapazas alevíns no "X Día Autonómico do Minibasquet El Correo Gallego", celebrado no grandioso marco do Pavillón Fontes do Sar da capital de Galicia.
As xogadoras das Escolas Deportivas Municipais, acompañadas polo entrenador Manolo, varios directivos e pais, viviron máis de 10 horas de baloncesto, con partidos, xogos, concursos e convivencia. En canto a resultados, nos dous partidos xogados perante os equipos santiagueses de Remedios e Lestonac, o Caselas venceu por unha abultada ventaxa, mostrando un bó nivel.
Dende a directiva, felicitar á organización polo impecable traballo nun evento grandioso (máis de 1.400 xogadores e 98 equipos de toda Galicia).








Publicado por cbcaselas @ 23:27  | TORNEOS E ACTOS