Lunes, 10 de junio de 2013

As rapazas alevíns do CB.Caselas/EDM.Salceda enfrontáronse na derradeira xornada ao líder do grupo A da copa, o Airexa Nigrán, que xogará a final. A única opción de clasificarse para a final era vencer por unha abultada diferenza, misión case imposible.
As de Salceda fixeron un gran partido apoiadas por moitísimo público. Tan só un mal cuarto periodo -parcial de 4-16- nos privou, canto menos, da victoria. Ao final Caselas 55 Airexa 63, pero o equipo deixando moi boas sensacións.
Con este partido remata a temporada 2012-2013 para todos os equipos do clube. Nas vindeiras datas faremos un balance deportivo equipo por equipo.

NOTA: Esta semana colgaremos as fotos e reportaxe do Minibasquet El Correo Gallego, onde estiveron as nosas alevíns.


Publicado por cbcaselas @ 21:34