Martes, 04 de junio de 2013

O Infantil e o Cadete Masculinos remataron a temporada 12-13 coa disputa da última xornada de Copa Primavera, onde ningún equipo tiña opción de clasificarse. Os Infantiles venceron no derbi a Tui "B" por 50-43. Os Cadetes perdían con Carmelitas Vigo por 34-51.
Por outro lado, o Alevín Feminino perdeu na penúltima xornada de Copa en Vigo co Apóstol por 39-38. As nosas, a pesar da boa actitude, cometeron moitísimos erros e imprecisións, sobre todo de cara ao aro. Supostamente darásenos o partido por gañado ao presentar as locais 8 xogadoras (o regulamento esixe un mínimo de 9). As escasísimas opcións de chegar á final pasan por gañar dunha abultada diferenza ao líder Airexa Nigrán este xoves 6 de xuño en Salceda.

ALEVÍN FEM (última xornada de Copa):
CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Xoves 6 xuño ás 6 da tarde no Pavillón de Salceda.
A continuación, partidillo de fin de tempada CADETE FEMININO - CADETE MASCULINO.

TORNEO MINIBASQUET EL CORREO GALLEGO:
O Alevín Feminino acudirá un ano máis ao torneo de minibásquet "El Correo Gallego", que se celebra o sábado 8 de xuño no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, onde xoga o único equipo galego da Liga ACB, o Obradoiro Blu-Sens Monbús. Informaremos nunha nota de todos os detalles.


Publicado por cbcaselas @ 23:48