Lunes, 27 de mayo de 2013

Rematou a Copa o Cadete Feminino en Vigo con Acacias. As nosas rapazas, a pesar de non ter opción de chegar á final, pecharon a temporada cunha gran victoria: 39-59.
O único equipo do clube con opcións matemáticas de meterse na final de Copa é o Alevín Feminino, que na dobre xornada conseguiron 2 victorias que demostran a melloría deste grupo: o sábado gañaban en Vigo ao Pequecelta 32-55, e o domingo vencían en Salceda a Seis do Nadal Celso Em.Ferreiro por 49-33.
O Infantil Masculino mereceu máis no seu madrugón o sábado en Baiona. Os rapaces vaciáronse e empataron o partido. Na prórroga, a acumulación de faltas e o cansanzo pasaron factura e perderon 63-58.
Por último, un mermadísimo Cadete Masculino, con moitísimos infantiles nas súas filas, perdía claramente en Salesianos por 74-12.


Publicado por cbcaselas @ 23:46