Martes, 14 de mayo de 2013


O pivot do Caselas Rober lanza dende o poste baixo perante a defensa do Redondela.

C.B.Caselas (66): Pedro (16), Rober (3), Rubén Rdguez (9), Rubén Alonso (10) e Oscar (10). QUINTETO. Carlos (2), Lucas (2) e César (14).
Parciais: 20-14 / 13-13 / 16-18 / 18-21.
Incidencias: Arredor de medio centenar de afecionados no Pavillón do IES.Mendiño de Redondela na derradeira xornada de Copa. Aparte das baixas habituais, uniuse a de Pablo Cabaleiro. No Redondela, varios xogadores con pasado salcedense: Carlos Núñez, Ricardo, David e Lucas.

Redondela e Caselas xogaban co único fin de ver quen quedaba segundo neste grupo de copa. Os nosos saíron flouxos en defensa e imprecisos e fallóns en ataque -como se aínda pesase a derrota con Porriño-, perante un equipo local moi motivado que pronto acadou ventaxas importantes.
O Caselas, que nunca foi quen de poñerse por diante, apretou na segunda metade (empate a 50 cara o cuarto final). Ahí, os de Carlos Kustrin foron moi castigados polas faltas: 30 faltas cometidas e César e Óscar eliminados. A falla de 3 segundos e con posesión de balón despois de tempo morto de Carlos, fallouse a canasta que nos daba a victoria.
Remata a temporada 2012-2013. Dende o clube pensamos que estas dúas últimas derrotas non deben empañar unha boa temporada. Temos que mirar atrás a todos os partidos que gañamos -e que partidazos moitos deles!- e pensar na mala sorte coas lesións. Tal vez falariamos doutra cousa. Noraboa equipo!!!!!!
Xogan a final de Copa Porriño (campión do grupo 1) e Rías Baixas (grupo 2).

CATEGORÍAS BASE:
Nefasta xornada para a base. Perderon os catro equipos na Copa Primavera. O Alevín Feminino en Tui 47-23. O Cadete Feminino en casa con Maristas Celta 43-52. En masculino, derrotas do Infantil en casa con Los Sauces 31-51 e do Cadete en Baiona.


Publicado por cbcaselas @ 0:28  | CRONICAS