Lunes, 29 de abril de 2013

 
Un momento do partido de onte.

C.B.Caselas (51): Pedro (11), Rober (0), César (5), Rubén Alonso (0) e Oscar (23). QUINTETO. Pablo (2), Carlos (6), Rubén Rodríguez (4) e Lucas.
Parciais: 11-13 / 18-14 / 13-22 / 9-16.
Incidencias: Arredor de 75 afecionados na tarde de domingo no Pavillón de Deportes de Salceda. Con esta derrota, o C.B.Caselas perde toda opción de clasificarse para a final de Copa, que disputará o Porriño.

Desafortunado día do Caselas nun encontro onde ben se podía aplicar o dito de que máis que gañou o Porriño, perdeu o Caselas. Os de Carlos Kustrin non estiveron metidos no partido, pouca fluídez ofensiva e mala selección de tiro, cunha baixa porcentaxe e os 51 puntos finais anotados. O rival, cun equipo xoven, correoso e coas ideas máis claras, aproveitouse do desconcerto para levarse unha xusta victoria que vale unha final.
Aínda con todo, os de Salceda -que chegaron con ventaxa 29-27 ao descanso- mantivéronse "dentro do partido" ata o final, con desventaxas de 6-7 puntos. Pero a carga de persoais e os erros que explicamos levaron aos visitantes á máxima renta.
A vindeira semana descansamos. Dentro de 15 días derradeiro partido en Redondela, onde saldremos a disfrutar deste deporte e pechar unha boa campaña.

CATEGORÍAS BASE:
Desigual sorte para os equipos cadetes na Copa Primavera: as rapazas debutaron con victoria: CASELAS 48 BAIONA "A" 42, e os rapaces perderon na 2ªxornada: CASELAS 23 SEIS NADAL CEF. 67.
O Infantil Masculino rematou a liga na loita polos postos 7º a 12º perdendo en Vigo: CARMELITAS 57 CASELAS 48.


Publicado por cbcaselas @ 23:57  | CRONICAS