Martes, 23 de abril de 2013


Un xogador local tropeza coa muralla salcedense.

O noso xogador Lucas lanza a canasta.

C.B.Caselas (65): Rober (2), César (15), Rubén Rodríguez (2), Rubén Alonso (14) e Oscar (17). QUINTETO. Pablo (9), Carlos (0) e Lucas (6).
Parciais: 13-23 / 10-11 / 17-13 / 13-18.
Incidencias: Pouco público no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. Foi baixa Pedro.

Non o tivo fácil o Caselas perante un equipo como o Central Eléctrica Sestelo -mezcla de veteranía e xuventude- que se empregou a fondo e aproveitouse do pouco acerto dos nosos para ir crecendo pouco a pouco. Os de Salceda dominaron o xogo e o marcador pero non tiveron a fluídez doutras ocasións. Tras rematar o terceiro periodo con 40-47, o equipo deu un tirón final para deixar os 12 puntos de diferenza.
O vindeiro domingo xogamos medio pase a final de copa ao recibir ao Porriño, que permanece invicto xunto con nós.

CATEGORÍAS BASE:
Rematou a liga en 10º lugar de 18 equipos o Alevín Feminino de Manolo cunha traballada victoria en Coia co Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro (39-52). O equipo, con moitas xogadoras novas, acadou o seus mellores momentos precisamente agora, no final de temporada. O vindeiro fin de semana comezarán a Copa Primavera. Noraboa a Mireya, Laura Rdguez, Laura Delgado, Laura Romero, Cristina, Nicole, Raquel, Noelia, Katia, Susi, Hanna e Gloria.
Tamén alegría para o Infantil Masculino de Serafín e Natalia, que derrotaron a Porriño "B" por ..........
Derrota do Cadete Masculino na Copa Primavera: Maristas "C"... Caselas....


Publicado por cbcaselas @ 0:19  | CRONICAS