Lunes, 15 de abril de 2013
C.B.Caselas (94): Pedro (32), Carlos (8), César (22), Rubén Rodríguez (11) e Oscar (10). QUINTETO. Pablo (8), Rober (1) e Lucas (2).
Parciais: 22-26 / 24-16 / 20-13 / 28-19.
Incidencias: Preto de medio centenar de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda.

Encontro de carácter meramente ofensivo, cun Caselas lanzado en ataque (véxanse os 32 puntos de Pedro), que, sin embargo, tivo que esperar ata mediados do segundo cuarto para darse conta que tiña que apretar en defensa para levarse o partido. A partir de ahí, os de Carlos Kustrin deron un recital -28 puntos anotados do derradeiro cuarto- alcanzando ventaxas de máis de 25 puntos e con todos os nosos xogadores aportando cousas.
O vindeiro fin de semana xogamos en Ponteareas un derbi comarcal.

CATEGORÍAS BASE:
Descansaron todos os equipos, excepto o Alevín Feminino, que tivo un duro rival no líder Airexa Nigrán. As nosas perderon 23-47 pero coa sensación de que se mellora día a día.


Publicado por cbcaselas @ 23:27  | CRONICAS