Lunes, 08 de abril de 2013
C.B.Caselas (61): Pablo (10), Rober (6), Lucas (2), Rubén Rodríguez (25) e Oscar (10). QUINTETO. Carlos (8).
Parciais: 16-11 / 7-18 / 18-13 / 14-19.
Incidencias: Tarde fría de domingo no colexio Salesianos de Vigo no inicio desta Copa Primavera.

Brilante victoria do Caselas, non polo gran xogo, se non pola forma de como se conseguiu: con só 6 xogadores, con importantísimas baixas e con 2 eliminados (Pablo e Lucas) que fixeron que xogásemos o derradeiro minuto e medio con só 4 xogadores en pista.
O encontro foi entretido, con imprecisións nos dous equipos e os nosos pouco atinados no tiro. Un parcial de saída de 11-0 para os locais acendía as alarmas salcedenses. Pero o Caselas, co noso querido capitán Rubén Rodríguez como líder con 25 puntos, mostrou a súa categoría e oficio e logrou darlle a volta: 23-29 ao descanso e 41-42 no terceiro cuarto, logrando manter curtas distancias que lle deron unha traballadísima victoria.

CATEGORÍAS BASE:
Ao éxito do senior, hai que unir o pleno de victorias dos catro equipos de base do clube e escolas deportivas municipais. Noraboa a todos os rapaces e rapazas e a seguir. Os resultados foron:
Cadete Masc: CASELAS 67 REDONDELA 33
Cadete Fem: CASELAS 64 SALESIANOS 33
Infantil Masc: CASELAS 49 AIREXA NIGRÁN 45
Alevín Fem: COLEXIO MARIANO 30 CASELAS 46

O CADETE FEMININO, CAMPIÓN NO GRUPO POLOS POSTOS 5º-8º
Logo da clara victoria perante Salesianos Vigo, as cadetes (patrocinadas por TELMO IMPORT) remataron a fase dos postos 5º-8º como campionas deste grupo con 6 victorias en 6 partidos. O Caselas, que a piques estivo de clasificarse para o título de liga, remata unha gran temporada, cun equipo de xogadoras de primeiro ano e infantiles. Marta, Blanca, Noelia, Carla, Paloma, Laura, Lara, Sara, Iria e o míster Carlos, NORABOA!!!

RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:57  | CRONICAS