Domingo, 31 de marzo de 2013

Nesta Copa participan os equipos de 3ª e 4ª división da zona de Vigo, repartidos en 2 grupos (Vigo 1 e Vigo 2) de 6 equipos cada un. Xógase unha liga a unha volta. Os campións de cada grupo, van á final a doble volta (a ida xógase na casa do campión do grupo 2).

Grupos:
Vigo 1: C.B.Caselas, Porriño, Redondela, Seis do Nadal Coia, C.E.Sestelo Ponteareas e Salesianos Vigo.
Vigo 2: Rías Baixas "A", Airexa Nigrán, Mos, Rodaballo, Fisiomiño Xestas e S.José La Guía.

Calendario C.B.Caselas:
    6-7 abril   SALESIANOS-CASELAS
13-14 abril   CASELAS-SEIS NADAL COIA
20-21 abril   SESTELO PONTEAREAS-CASELAS
27-28 abril   CASELAS-PORRIÑO
11-12 maio  REDONDELA-CASELAS
25-26 maio  FINAL (IDA)
   1-2 xuño   FINAL (VOLTA)


Publicado por cbcaselas @ 12:22
Mi?rcoles, 27 de marzo de 2013

CLUB BALONCESTO CASELAS:
VOLTAMOS AOS ENTRENOS O LUNS 1 ABRIL. Logo do pequeno parón nas ligas e nos entrenos nesta Semana Santa, todos os equipos voltarán aos entrenos o luns 1 de abril.
CAMPAÑA DE SOCIOS 2013. Nestas semanas tentaremos darlle un novo empuxonciño á campaña. Por só 15 euros ao ano podes ser socio e axudar ao mantemento económico que xeneran os equipos. Pedimos a axuda de todos para renovar ou facerse novo socio.
PARTICIPACIÓN DO SENIOR NA COPA PRIMAVERA. O C.B.Caselas senior masculino, unha vez rematada a liga, participará na Copa Primavera, que comezará o 6-7 de abril. Inscribíronse un total de 12 equipos (6 de 3ªdivisión e 6 de 4ª). Informaremos do calendario e sistema. Por outro lado os nosos equipos de base continúan inmersos na liga. Aos cadetes masc e fem réstalle só unha xornada, e ao infantil masc e alevín fem quédanlle tres.

BALONCESTO EN XERAL:
BALONCESTO EN TELEVISIÓN. Nestes días de descanso, podedes disfrutar dun amplo abano de partidos en televisión:
CSKA Moscú-R.Madrid (Euroliga):  xoves 28 a 17:45 en TDP.
Conquero Huelva-La Seu (Liga Feminina):  sábado 30 a 13:00 en TDP.
Gran Canaria-Blusens Obradoiro (ACB):  sábado 30 a 19:00 en TDP.
Joventut-Cai Zaragoza (ACB):  domingo 31 a 12:00 en TVG2.
R.Madrid-Cajasol Sevilla (ACB):  domingo 31 a 12:40 en TVE1.
FINAIS CAMPIONATO ESPAÑA SELECCIÓNS MINIBASKET. Na seguinte ligazón podedes ver o mellor minibasket español coa disputa das finais masculina (Andalucía-Madrid) e feminina (Andalucía-Cataluña) do Campionato España de Seleccións autonómicas de minibasket. Paga a pena ver como xogan a baloncesto rapaces/as de 11 anos. Por certo, o neno alevín nº13 de Andalucía "só mide 1,91" e a nena nº15 de Cataluña, 1,81.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/baloncesto/


Publicado por cbcaselas @ 20:55
Lunes, 18 de marzo de 2013
C.B.Caselas (59): Pedro (17), Rober (0), Rubén Rodríguez (6), Rubén Alonso (1) e Oscar (20). QUINTETO. Pablo (12), Carlos (3) e Lucas (0).
Parciais: 15-21 / 15-12 / 7-21 / 22-24.
Incidencias: Arredor de 70 afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda presenciando a derradeira xornada de liga. O público, como sempre, excelente, despedindo ao equipo con aplausos. Foi baixa César.

Non lle puxo doadas as cousas o C.B.Caselas ao campión de liga a pesar do que parece no marcador. Os de Salceda xogáronlle de tú a tú a un gran conxunto, que cun xogo sinxelo e efectivo, basado na altura e fortaleza física dos seus homes, demostrou por que nadie conseguiu gañarlle. 
Só unha relaxación dos de Carlos Kustrin no terceiro cuarto, propiciou a escapada no electrónico dos vigueses, que puxeron terra de por medio con ventaxas de 20 puntos. A esto hai que unir a falla de acerto no tiro nalgúns momentos, que nos privou de ter opcións de victoria. O resto do encontro foi máis ben igualado, e cos nosos por diante do marcador a pouco do descanso. O cuarto final nos deparou un gran baloncesto, con recital anotador dos dous equipos.
Remata a 3ªDivisión 2012-2013 co C.B.Caselas en 5ªposición (11 vict / 9 derrot), empatado co 4º Rías Baixas. Destacar a gran segunda volta realizada, onde gañamos 7 dos 10 partidos. Xogan a fase de ascenso o Atmósfera Sport e o Arcade. Descenden o Maristas e o Oh!Vigo.
Felicitar a xogadores e técnico polo seu impecable traballo.

CATEGORÍAS BASE:
Só xogaron os dous equipos femininos do clube, deixando moi boas sensacións.
O Cadete Feminino, a falla de unha xornada, logrou o título da Fase polos postos 5º a 8º ao derrotar a Las Acacias por 53-56 (27-34 ao descanso). A pesar de ser superiores, a eliminación por faltas de Laura e Carla deixou aberto o partido ata o final. Felicitar as rapazas de Carlos pola gran temporada.
O Alevín Feminino deu a sorpresa da xornada ao vencer ao líder Seis do Nadal Illas Cíes por 49-41 (27-18 ao descanso). As rapazas de Manolo xogaron o mellor partido da temporada, apoiadas por numeroso público.

RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:28  | CRONICAS
S?bado, 16 de marzo de 2013

Katia Sousa Martínez, xogadora do Caselas alevín, foi a gañadora do MP3 da porra do partido senior Caselas-Atmósfera Sport.
Aínda que non acertou o resultado, foi a que máis se aproximou, ao apostar que o Caselas perdía por 17 puntos. O resultado final foi de 59-78, -19 puntos.
A participación non foi moi numerosa, pero houbo resultados de todo tipo: só 4 persoas apostaron pola nosa victoria (+20, +5 e +1 dúas veces), e máis pola derrota (-11, -15, -17, -22, -25, etc).
Nos vindeiros días teredes información do partido, así como da nosa base, que tivo unha gran xornada.
GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!


Publicado por cbcaselas @ 23:59
Lunes, 11 de marzo de 2013

Triple enfrontamento con Baiona na mañá do 9 de marzo. Madrugón das Alevíns, que con importantes baixas e un mal periodo final (onde nos romperon a triplas), perderon en Baiona 64-20.
Xa en Salceda, victoria das Cadetes contra o mesmo equipo 43-32, que as confirma como líderes invictas desta fase polos postos 5º a 8º. E derrota dos Infantiles por 33-50.
En Porriño, os Cadetes nunca tiveron opcións: 96-32.


Publicado por cbcaselas @ 22:26
Domingo, 10 de marzo de 2013

O vindeiro sábado 16 de marzo no Pavillón de Salceda, xógase a derradeira xornada de Liga de 3ªDivisión Gr."E" entre C.B.CASELAS (4ºclasificado con 11 victorias e 8 derrotas) e ATMÓSFERA SPORT de VIGO (líder invicto con 17 victorias).
Propoñemos unha PORRA totalmente gratuíta para averiguar a diferenza de puntos do partido, é dicir, se gaña o Caselas, poñer por exemplo +5, +8, +20, etc. E se gaña o Atmósfera poñer -4, -8, -15, etc.  O gañador levará un MP3 marca BLU:SENS.

BASES:
> Os participantes deben mandar un correo a [email protected] co asunto "porra", indicando nome e apelidos e a diferenza no marcador. Só se acepta un resultado por enderezo de correo. A porra estará aberta ata unha hora antes do partido.

> Poderá participar quen queira (xogadores, entrenadores, público, etc), excepto directivos do C.B.Caselas.
> No caso de acertar varios participantes, levará o premio o que antes escribiu. No caso de non acertar nadie, levará o premio o que máis se aproximou á diferenza -por defecto ou exceso- (no caso de empatar varios nesa aproximación, premio para o que antes escribiu).
> O premio será recollido na oficina do clube, no pavillón de deportes. 
> Nesta web iremos colgando anonimamente os resultados que propoñedes.

- SORTE E DISFRUTADE DO BALONCESTO !!!!!! -


Publicado por cbcaselas @ 1:11
Martes, 05 de marzo de 2013
C.B.Caselas (72): Pedro (18), Carlos (4), Lucas (0), César (16) e Oscar (27). QUINTETO. Pablo (4) e Rubén Rodríguez (3).
Parciais: 22-5 / 16-14 / 21-25 / 13-9.
Incidencias: Sobre 70 persoas no Pavillón de Deportes de Salceda que animaron constantemente ao noso equipo. As baixas habituais, sumáronse as de Rubén A. e Rober por problemas de saúde.

O Caselas fixo rapidamente os deberes perante o colista da liga. Cun parcial de 22-5 no primeiro cuarto (38-19 ao descanso), deixou claras as súas intencións. Co noso xogador Óscar como referente ofensivo (grande actuación e altísima porcentaxe en tiro), os de Carlos Kustrin sentíanse cómodos e disfrutaron das máximas ventaxas no electrónico.
Na segunda metade, pequena relaxación defensiva, que fixo que o combativo equipo vigués se acercase a 12 puntos. Pero o Caselas, tirando unha vez máis de unión e compromiso -claves deste gran equipo- puxo as cousas no seu sitio ata esa diferencia final.
No vindeiro fin de semana descansamos. Xa na derradeira xornada de liga, recibimos ao potente e invicto Atmósfera Sport Setentas de Vigo.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masculino: CASELAS 38 CARMELITAS VIGO 50
Cadete Feminino: SALESIANOS VIGO 39 CASELAS 43
Infantil Masculino: AIREXA NIGRÁN 46 CASELAS 38 // CASELAS 35 CARMELITAS VIGO 54
Alevín Feminino: CASELAS 63 SEIS NADAL CELSO EM.FERREIRO 26
 
RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 10:12  | CRONICAS