Lunes, 25 de febrero de 2013
C.B.Caselas (55): Pedro (17), Carlos (9), Lucas (0), César (14) e Oscar (10). QUINTETO. Pablo (3) e Rubén Rodríguez (2).
Parciais: 12-13 / 16-7 / 5-20 / 14-15.
Incidencias: Mañá de domingo no Colexio Maristas de Vigo.

Presentábanse os de Salceda con tan só 7 xogadores polas baixas de Rober e Rubén Alonso, detalle este que non foi impedimento para que os de Carlos Kustrin acadasen a sexta victoria consecutiva. Tras chegar ao descanso con 8 puntos abaixo, 28-20, a clave estivo nun gran 3ºcuarto, onde non só metemos 20 puntos, se non que deixamos ao veterano Ademar en tan só 5 puntos.
O Caselas é agora quinto clasificado, empatado co cuarto Rías Baixas, que ten o basketaverage a favor.
O vindeiro sábado 2 de marzo nos visita o Seis do Nadal. Pedimos o apoio de toda a afición.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masculino: SAN JOSE SAUCES 53 CASELAS 33
Cadete Feminino: CASELAS 52 LAS ACACIAS 31
Infantil Masculino: PORRIÑO "B" 34 CASELAS 32
Alevín Feminino: AIREXA NIGRÁN 50 CASELAS 24
 
RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS
Lunes, 18 de febrero de 2013
C.B.Caselas (79): Pedro (18), Rober (2), Lucas (0), Rubén Alonso (0) e Oscar (11). QUINTETO. Pablo (10), Carlos (2), César (27) e Rubén Rodríguez (9).
Parciais: 10-19 / 16-17 / 24-10 / 15-19 // Prórroga: 14-9.
Incidencias: A hora do partido coincidiu cos actos centrais do Entroido salcedense, o que fixo que o Pavillón de Salceda rexistrase a entrada máis flouxa da temporada.

Encontro dos que fan afeción, con prórroga incluída. Comezou frío o Caselas, impreciso e descentrado perante un equipo da zona alta con xente de calidade. Así é todo que os primeiros dous puntos dos nosos chegaron cando xa iban 6 minutos. A partir de aquí a intensidade do Caselas foi en aumento: melloría cara ao descanso (26-36), e saída en tromba no terceiro cuarto, onde rematamos xa dominando o electrónico (50-46) e con César facendo un dos mellores partidos neste equipo. O cuarto final foi intenso, anotando os vigueses unha tripla a poucos segundos do remate que poñía o 65-65 ao remate dos 40 minutos.
Na prórroga, o excelente traballo de todo o bloque salcedense, certificou unha nova victoria (quinta consecutiva) que nos lanza aos postos altos da 3ªdivisión. Destacar que o Caselas superou a cifra de 1.000 puntos anotados nesta liga en 17 encontros (1.015 exactamente), cunha media de 59,7 puntos por partido.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Feminino: BAIONA "A" 42 CASELAS 49
Alevín Feminino: CASELAS 61 COLEXIO MARIANO 62 (empate a 54 e prórroga).
Cadete Masculino: CASELAS 21 SEIS NADAL "B" 57
 
RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:26  | CRONICAS
Lunes, 11 de febrero de 2013
14ªXORNADA (SÁBADO 9 FEBREIRO):  ESG GRUPO AUSTEN 65 CASELAS 69
C.B.Caselas (69):
Pablo (15), Rober (5), Lucas (0), Rubén Rodríguez (13) e Oscar (21). QUINTETO. Carlos (5) e Rubén Alonso (10).
Parciais: 14-12 / 18-12 / 8-19 / 13-10 ///  1ªPrórr: 8-8.  2ªPrórr: 4-8.
Incidencias: Pavillón Pista Vermella de Vigo. Partido correspondente a 14ªxornada, aprazado no seu momento.

Victoria do Caselas nun intensísimo encontro que tivo dúas prórrogas, logo do empate a 53 ao remate dos 40 minutos, novo empate a 61 na primeira prórroga e o 65-69 final na segunda prórroga, con catro eliminados polo equipo vigués e Carlos polo Caselas. O triunfo cobra se cabe máis mérito polas baixas de dous importantísimos xogadores como Pedro e César. Así, os 7 xogadores disponibles por Carlos Kustrin, deron a cara ata o final.

17ªXORNADA (DOMINGO 10 FEBREIRO):  CASELAS 64 RÍAS BAIXAS 48
C.B.Caselas (64): 
Pedro (29), Rober (4), César (9), Rubén Alonso (0), Rubén Rguez (0) e Oscar (10). QUINTETO. Pablo (4), Carlos (0) e Rubén Rodríguez (8).
Parciais: 20-5 / 10-13 / 18-16 / 16-14.
Incidencias: Mañá de Domingo de Entroido no Pavillón de Deportes de Salceda, que rexistrou unha frouxa entrada de público, apenas unha treintena de afecionados. 

Con pouco máis de 14 horas de descanso do partido co Grupo Austen, os de Salceda deron unha lección de bó xogo, especialmente no primeiro cuarto, onde bordamos a perfección cun parcial de 20-5. A partir de ahí o partido foi igualado e moi bonito. Os nosos souberon moi ben administrar a ventaxa, cunha grande labor de equipo e liderados por un gran Pedro -29 puntos e cinco triplas case consecutivas cando o partido estaba máis quente-.
No vindeiro fin de semana voltaremos a xogar en Salceda, recibindo a un equipo da zona alta coma o Rodaballo.

CATEGORÍAS BASE:
Infantil Masc: CASELAS 38 LOS SAUCES 50
Alevín Fem: SEIS DO NADAL ILLAS CÍES 42 CASELAS 29


Publicado por cbcaselas @ 23:23  | CRONICAS

O Cadete Masculino (de Serafín Dasilva) e o Feminino (de Carlos Kustrin) xa coñecen os calendarios da 2ªFase de liga.
Os rapaces xogarán unha liga a unha soa volta polos postos 9º a 14º cos quintos, sextos e séptimos dos Grupos E-1 (Porriño "B", Caselas e Redondela) e E-2 (Seis Nadal "B", San José Sauces e Carmelitas).
As rapazas, a piques de clasificarse para loitar polo título, xogarán unha liga a doble volta polos postos 5º a 8º cos terceiros e cuartos dos Grupos E-1 (Caselas e Baiona "A") e E-2 (Salesianos e Acacias). 
Ambos debutarán o fin de semana do 16-17 febreiro: os cadetes reciben ao Seis do Nadal "B", e as cadetes desprázanse a xogar co Baiona "A".

Os calendarios completos, así como resultados e clasificacións, podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 0:25
Lunes, 04 de febrero de 2013
C.B.Caselas (65): Pedro (28), Rober (2), Lucas (0), Rubén Alonso (2) e Oscar (7). QUINTETO. Pablo (6), Carlos (3) e Rubén Rodríguez (17).
Parciais: 16-12 / 12-16 / 11-18 / 10-19.
Incidencias: Noite de sábado no Pavillón Pista Vermella de Vigo. O noso xogador César non estivo por unha urxencia hospitalaria. Desexámoslle unha moi pronta recuperación.

O Caselas sobrepúxose a baixa de César e os contratempos de Pablo e Oscar, que xogaron lesionados, para levarse un partido no que comezou frío, pero foi a máis como se pode comprobar nos marcadores por parciais. Os de Salceda, con Pedro e Rubén Rodríguez levando o peso anotador, deron unha nova lección de unión para levarse un encontro perante un rival directo, logrando así un considerable colchón sobre as dúas prazas de descenso.

CATEGORÍAS BASE:
Os equipos Cadetes Masculino (6º clasificado con 2v/10d) e Feminino (3º clasificado con 8v/4d) remataron a 1ªFase de liga con derrota e victoria respectivamente. Gran traballo e meritorio posto das rapazas, que quedaron a só un posto de loitar polo título. Despois do Entroido ambos comezarán a 2ªFase. Informaremos. Os resultados foron:
Cadete Masc: CASELAS 37 PORRIÑO "B" 84
Cadete Fem: LOS SAUCES 56 CASELAS 81
Infantil Masc: BAIONA 62 CASELAS 52
Alevín Fem: CASELAS 41 BAIONA 66

RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:01  | CRONICAS