Lunes, 28 de enero de 2013

O ALEVÍN FEMININO de Manolo remata a 1ªFase Grupo A en 4º lugar, con 5 victorias e 3 derrotas. Xogarán polos postos 7º a 12º unha liga a doble volta onde estarán os cuartos, quintos e sextos clasificados dos Grupos A e B. O calendario é o seguinte:
X.1:   3/2/2013---CASELAS-BAIONA
X.2: 10/2/2013---SEIS NADAL ILLAS CÍES-CASELAS
X.3: 17/2/2013---CASELAS-COLEXIO MARIANO
X.4: 24/2/2013---AIREXA NIGRÁN-CASELAS
X.5:   3/3/2013---CASELAS-SEIS NADAL CELSO EM.FERREIRO
X.6: 10/3/2013---BAIONA-CASELAS
X.7: 17/3/2013---CASELAS-SEIS NADAL ILLAS CÍES
X.8:   7/4/2013---COLEXIO MARIANO-CASELAS
X.9: 14/4/2013---CASELAS-AIREXA NIGRÁN
X.10:21/4/2013---SEIS NADAL CELSO EM.FERREIRO-CASELAS

O INFANTIL MASCULINO de Serafín e Natalia remata a 1ªFase Grupo E-2 tamén en 4º lugar, con 4 victorias e 6 derrotas. Igualmente xogarán polos postos 7º a 12º unha liga a doble volta onde estarán os terceiros e cuartos clasificados dos Grupos E-1, E-2, E-3. O calendario é o seguinte:
X.1:   3/2/2013---BAIONA-CASELAS
X.2: 10/2/2013---CASELAS-LOS SAUCES
X.3: 17/2/2013---AIREXA NIGRÁN-CASELAS
X.4: 24/2/2013---PORRIÑO "B"-CASELAS
X.5:   3/3/2013---CASELAS-CARMELITAS
X.6: 10/3/2013---CASELAS-BAIONA
X.7: 17/3/2013---LOS SAUCES-CASELAS
X.8:   7/4/2013---CASELAS-AIREXA NIGRÁN
X.9: 21/4/2013---CASELAS-PORRIÑO "B"
X.10:28/4/2013---CARMELITAS-CASELAS

Recordar que aínda que no calendario figura data de domingo, os partidos poden ser sábado ou domingo.


Publicado por cbcaselas @ 23:31
C.B.Caselas (48): Pedro (12), Rober (6), Lucas (3), Rubén Alonso (2) e Oscar (12). QUINTETO. Pablo (4), Carlos (1), César (8) e Rubén Rodríguez (0).
Parciais: 17-15 / 8-15 / 15-6 / 8-7.
Incidencias: Mañá de domingo no pavillón de deportes de Salceda, con apenas unha treintena de animosos afecionados. O noso xogador Lucas Caruncho lesionouse nun nocello nos primeiros minutos. Afortunadamente non parece nada grave.

A extraordinaria defensa do Caselas na segunda metade, co canteirán Pablo Cabaleiro como protagonista nos momentos quentes, foi a clave da quinta victoria dos de Carlos Kustrin, nun partido con moitas alternativas que perdiamos ao descanso por 25-30. A partir de ahí "puxémonos as pilas" e deixamos ao Mos en tan só 13 puntos, nunha grande labor de todo o conxunto, que supliu o pouco acerto anotador e os erros ofensivos con esa gran defensa.

CATEGORÍAS BASE:
Triple enfrontamento con Porriño "B" e triple victoria para a base do Caselas, que competiron a moi bó nivel. Pola súa parte Cadete Masculino perdía en Nigrán cun equipo superior. Os resultados foron:
Cadete Masc: AIREXA NIGRÁN 64 CASELAS 32
Cadete Fem: CASELAS 51 PORRIÑO "B" 42
Infantil Masc: CASELAS 31 PORRIÑO "B" 29
Alevín Fem: PORRIÑO "B" 29 CASELAS 42

RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 22:40  | CRONICAS
Lunes, 21 de enero de 2013

Non houbo baloncesto senior, pero o Pavillón de Salceda foi escenario dunha xornada de base chea de ambiente, ilusión e emoción, con partidos case ininterrumpidos dende o sábado a mañá ata o domingo ao mediodía.
As rapazas Alevíns xogaron un bó partido perante o Seis Nadal Coia "A", pero perderon por 49-62. O partido daráselle por gañado ás de Manolo ao presentar as de Coia só 7 xogadoras (o regulamento obriga a presentar un mínimo de 9).
Pola tarde, dous partidos con finais non aptos para cardiacos, perante dous segundos clasificados, e que remataron con dúas derrotas. O Infantil Masculino caía con Compañía de María por 41-43. O Cadete Feminino facíao con Maristas Celta por 38-44.
No partido Cadete Masculino que pechaba a tarde do sábado, o líder Apóstol de Vigo venceu sen problemas ao Caselas por 39-71.
Xa no domingo, alegría para o Infantil Masculino, que noutro partido en menos de 24 horas, gañaba a San José La Guía por 57-30.
Destacar o grande compromiso e competitividade ofrecido por todos os nosos xogadores/as. Con traballo e constancia se van logrando os obxectivos. Aupa Caselas!!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:22
Lunes, 14 de enero de 2013
C.B.Caselas (61): Pedro (15), Carlos (4), César (11), Rubén Alonso (7) e Oscar (11). QUINTETO. Pablo (0), Rober (2) e Rubén Rodríguez (9).
Parciais: 12-17 / 12-17 / 17-16 / 18-15.
Incidencias: Pouco pero animoso público no primeiro partido do ano 2013 para o Caselas.

Non se lle pode pedir moito máis aos xogadores do C.B.Caselas, que seguen a plantar cara a todos os rivais a pesar das baixas. O sábado a piques estiveron de sorprender ao segundo clasificado, que chegaba a Salceda con só unha derrota. O encontro tivo dúas partes diferentes: na primeira estivemos imprecisos e flouxos en defensa (24-34 para Arcade). Na segunda parte o equipo foi a máis (35-31 para o Caselas), empurrado por un público acostumbrado a animar, apretando en defensa, perante un Arcade veterano e con xogadores de moito oficio. Tal vez os erros puntuais no lanzamento nos instantes finais nos privaron da victoria, pero o equipo deixou moi boas sensacións.

CATEGORÍAS BASE:
Gran victoria das rapazas cadetes en Baiona, 34-53, que as manteñen na zona alta da clasificación e aspirando a todo. Na vindeira xornada recibirán a un rival directo como o Maristas Celta.
Claras derrotas en Alevín Feminino (Academia Celta 60 Caselas 10) e en Cadete Masculino (Maristas 87 Caselas 20).
O Infantil Masculino desprazouse a Vigo á cancha de S.José La Guía. O partido non poido xogarse por mor da inundación pola choiva dun lateral da cancha. Os rapaces de Serafín -a falla dunha xornada para o remate da primeira fase- teñen que recuperar así dous partidos aprazados.

RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:40  | CRONICAS
Martes, 01 de enero de 2013

  O pasado xoves 27 de nadal, todos os equipos do clube e escolas se reuniron na tradicional merenda de nadal no centro social A Devesa. A directiva obsequiou aos presentes co calendario 2013 do C.B.Caselas.
  E o mércores 26 de nadal, o Caselas cadete feminino (na imaxe de abaixo) acadou o título no "Torneo de Nadal de Porriño" ao vencer ás anfitrionas (46-51) e posteriormente dárselle o partido por gañado co Baiona, ao non presentarse estas por confusión horaria. Noraboa a este magnífico grupo de Carlos Kustrin!!


Publicado por cbcaselas @ 23:17  | TORNEOS E ACTOS