Lunes, 28 de enero de 2013
C.B.Caselas (48): Pedro (12), Rober (6), Lucas (3), Rubén Alonso (2) e Oscar (12). QUINTETO. Pablo (4), Carlos (1), César (8) e Rubén Rodríguez (0).
Parciais: 17-15 / 8-15 / 15-6 / 8-7.
Incidencias: Mañá de domingo no pavillón de deportes de Salceda, con apenas unha treintena de animosos afecionados. O noso xogador Lucas Caruncho lesionouse nun nocello nos primeiros minutos. Afortunadamente non parece nada grave.

A extraordinaria defensa do Caselas na segunda metade, co canteirán Pablo Cabaleiro como protagonista nos momentos quentes, foi a clave da quinta victoria dos de Carlos Kustrin, nun partido con moitas alternativas que perdiamos ao descanso por 25-30. A partir de ahí "puxémonos as pilas" e deixamos ao Mos en tan só 13 puntos, nunha grande labor de todo o conxunto, que supliu o pouco acerto anotador e os erros ofensivos con esa gran defensa.

CATEGORÍAS BASE:
Triple enfrontamento con Porriño "B" e triple victoria para a base do Caselas, que competiron a moi bó nivel. Pola súa parte Cadete Masculino perdía en Nigrán cun equipo superior. Os resultados foron:
Cadete Masc: AIREXA NIGRÁN 64 CASELAS 32
Cadete Fem: CASELAS 51 PORRIÑO "B" 42
Infantil Masc: CASELAS 31 PORRIÑO "B" 29
Alevín Fem: PORRIÑO "B" 29 CASELAS 42

RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 22:40  | CRONICAS