Lunes, 21 de enero de 2013

Non houbo baloncesto senior, pero o Pavillón de Salceda foi escenario dunha xornada de base chea de ambiente, ilusión e emoción, con partidos case ininterrumpidos dende o sábado a mañá ata o domingo ao mediodía.
As rapazas Alevíns xogaron un bó partido perante o Seis Nadal Coia "A", pero perderon por 49-62. O partido daráselle por gañado ás de Manolo ao presentar as de Coia só 7 xogadoras (o regulamento obriga a presentar un mínimo de 9).
Pola tarde, dous partidos con finais non aptos para cardiacos, perante dous segundos clasificados, e que remataron con dúas derrotas. O Infantil Masculino caía con Compañía de María por 41-43. O Cadete Feminino facíao con Maristas Celta por 38-44.
No partido Cadete Masculino que pechaba a tarde do sábado, o líder Apóstol de Vigo venceu sen problemas ao Caselas por 39-71.
Xa no domingo, alegría para o Infantil Masculino, que noutro partido en menos de 24 horas, gañaba a San José La Guía por 57-30.
Destacar o grande compromiso e competitividade ofrecido por todos os nosos xogadores/as. Con traballo e constancia se van logrando os obxectivos. Aupa Caselas!!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:22