Lunes, 14 de enero de 2013
C.B.Caselas (61): Pedro (15), Carlos (4), César (11), Rubén Alonso (7) e Oscar (11). QUINTETO. Pablo (0), Rober (2) e Rubén Rodríguez (9).
Parciais: 12-17 / 12-17 / 17-16 / 18-15.
Incidencias: Pouco pero animoso público no primeiro partido do ano 2013 para o Caselas.

Non se lle pode pedir moito máis aos xogadores do C.B.Caselas, que seguen a plantar cara a todos os rivais a pesar das baixas. O sábado a piques estiveron de sorprender ao segundo clasificado, que chegaba a Salceda con só unha derrota. O encontro tivo dúas partes diferentes: na primeira estivemos imprecisos e flouxos en defensa (24-34 para Arcade). Na segunda parte o equipo foi a máis (35-31 para o Caselas), empurrado por un público acostumbrado a animar, apretando en defensa, perante un Arcade veterano e con xogadores de moito oficio. Tal vez os erros puntuais no lanzamento nos instantes finais nos privaron da victoria, pero o equipo deixou moi boas sensacións.

CATEGORÍAS BASE:
Gran victoria das rapazas cadetes en Baiona, 34-53, que as manteñen na zona alta da clasificación e aspirando a todo. Na vindeira xornada recibirán a un rival directo como o Maristas Celta.
Claras derrotas en Alevín Feminino (Academia Celta 60 Caselas 10) e en Cadete Masculino (Maristas 87 Caselas 20).
O Infantil Masculino desprazouse a Vigo á cancha de S.José La Guía. O partido non poido xogarse por mor da inundación pola choiva dun lateral da cancha. Os rapaces de Serafín -a falla dunha xornada para o remate da primeira fase- teñen que recuperar así dous partidos aprazados.

RECORDADE!: Todos o resultados e clasificacións das ligas podedes consultalos nesta web en MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓNS>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:40  | CRONICAS