Viernes, 28 de diciembre de 2012
1- Xamón da Bodeguilla--------nº058
2- Botellón Rioja 5 litros--------nº260--NON CUBERTO.
3- Lote embutidos ibéricos----nº084
4- Vaixela 19pzs de Sanfer-----nº045
4- Botella 1,5L Rías Baixas----nº475
5- MP3 de Blu:Sens--------------nº257
5- MP3 de Blu:Sens--------------nº343--NON CUBERTO.
5- Lote chocolates Antoxo------nº419--NON CUBERTO.
5- Lote chocolates Antoxo------nº448--NON CUBERTO.
5- Plancha de pelo de Sanfer-nº616--NON CUBERTO.
5- Lote de sidra de Aliprox-----nº769
5- Báscula de cociña Sanfer--nº826--NON CUBERTO.
5- Cepillo dentes eléctrico-----nº872--NON CUBERTO.
OS PREMIADOS XA FORON AVISADOS TELEFONICAMENTE. GRAZAS A TODOS!

Publicado por cbcaselas @ 1:21

MERENDA PARA XOGADORES/AS:
XOVES 27 NO CENTRO SOCIAL A DEVESA. ÁS 18:30h.(todas as categorías base) // 21:00h.(senior masculino).

II SAN SILVESTRE DO CONCELLO DE SALCEDA:
VENRES 28 ÁS 21:00 NA PRAZA DO CONCELLO. Inscripción: www.salcedadecaselas.es Prezo: un cartón de leite. Animamos a todos os xogadores/as do clube a participar. Correremos coa camiseta de quentamento.

PARTIDO PAIS E NAIS:
SÁBADO 29 ÁS 7 DA TARDE NO PAVILLÓN DE SALCEDA.

PROXECCIÓN DE VÍDEOS DIDÁCTICOS DE APRENDIZAXE DO BALONCESTO:
VENRES 4 ÁS 16:30 NO COLEXIO ALTAMIRA.

ATENCIÓN!!! ENTRENOS NAS FESTAS DE NADAL
A pesar de non haber liga durante as vacacións escolares, SÍ HABERÁ OS SEGUINTES ENTRENOS:
     ALEVÍN FEMININO: Mércores 26 (16:30), Mércores 2 (16:30), Xoves 3 (16:30).
     INFANTIL E CADETE MASC: Xoves 27 (16:30 partido Salceda), Xoves 3 (18:00).
     CADETE FEMININO: Mércores 26 (Torneo Porriño), Xoves 27 (16:30 partido Salceda), Mércores 2 (16:30).
     SENIOR MASCULINO: Xoves 3 (21:15).
O luns 7 xaneiro voltaremos á normalidade. O grupo de Iniciación descansará.


Publicado por cbcaselas @ 1:10
Mi?rcoles, 26 de diciembre de 2012
C.B.Caselas (61): Pedro (23), Rober (2), César (10), Rubén Rdguez (7) e Oscar (12). QUINTETO. Pablo (1) e Carlos (6).
Parciais: 16-8 / 16-25 / 15-10 / 15-18.
Incidencias: Derbi comarcal xogado o domingo 23 de nadal a tarde no Pavillón de Porriño, con boa entrada de público e varios seguidores de Salceda.

Xa van catro partidos de final igualado co mesmo desenlace: derrota para o Caselas. Eso sí, cos xogadores de Carlos Kustrin deixándose "a pel na pista", nunca dando o encontro por perdido a pesar das baixas e adversidades (en Porriño eran 7 xogadores), e implicados ao máximo co equipo.
O Porriño, con seis xogadores de pasado salcedense, foi un conxunto combativo. O partido foi vistoso e igualado, con alternativas no electrónico e xogadas bonitas -en ocasións, tal vez precipitadas-. Nos minutos finais, con Pablo medio mancado nun cóbado e César eliminado por faltas, apareceu a figura do veterano Carlos Vicente, que con dúas triplas consecutivas deixou a incertidume para os segundos finais. Coa última posesión de balón para o Caselas e 62-61, o noso xogador Óscar tivo o lanzamento da victoria nun tiro lateral de 4 metros que non entrou. O Caselas perdía, pero a imaxe do equipo, excelente.
O C.B.Caselas pecha o ano 2012 oitavo na clasificación da 3ªDivisión Autonómica con 4 victorias e 7 derrotas.
Dende a Directiva desexámos bó nadal e feliz ano 2013.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: CASELAS 88 REDONDELA 28
Alevín Fem: CASELAS 30 MARISTAS CELTA 60

Lanzamento triple do noso base Pedro perante a forte defensa de Porriño.


Publicado por cbcaselas @ 10:47  | CRONICAS
S?bado, 22 de diciembre de 2012

O noso equipo Cadete Feminino participará neste torneo triangular o mércores 26 de nadal organizado polo clube local Porriño Baloncesto Base. Participan o Baiona, o Porriño "B" e o Caselas.

Calendario:
11:30 horas   PORRIÑO "B"-CASELAS
16:00 horas   BAIONA-CASELAS
18:00 horas   PORRIÑO "B"-BAIONA
19:30 horas   Ceremonia de clausura (entrega trofeos).
Nota ás familias:
Sairemos diante do pavillón de Salceda pola mañá ás 10:15h. Pola tarde, ás 15:00h. O equipo será desprazado entre todas as familias.


Publicado por cbcaselas @ 23:20  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 18 de diciembre de 2012
C.B.Caselas (47): Pedro (14), Rober (0), César (10), Rubén Alonso (0) e Oscar (6). QUINTETO. Pablo (2), Carlos (6), Lucas (0) e Rubén Rdguez (9).
Parciais: 23-19 / 17-14 / 16-6 / 29-8.
Incidencias: Derradeira xornada da primeira volta de liga. Pavillón Universitario do CUVI en Vigo.

Hoxe por hoxe, o Atm.Sport Setentas son un equipo moi superior ao resto dos conxuntos da liga. Líder da competición invictos, cun plantel de xogadores moi compensado e con grandes nomes. O Caselas fixo o que poido. Aguantou moi ben ata o descanso: 40-33, pero sobroulle o derradeiro cuarto, ao que hai que unir a carga de persoais, con Pablo, Roberto, César e Rubén Alonso aguantando con catro faltas.
Na vindeira xornada, última do 2012, derbi en Porriño.

CATEGORÍAS BASE:
Tan só xogaron as alevíns de Manolo, que trouxeron unha importante victoria de Vigo que as mantén na zona alta da liga: Apóstol Santiago 31 Caselas 48.
Os infantiles e cadetes non xogaron o seren aprazados os partidos polos seus rivais.


Publicado por cbcaselas @ 23:46  | CRONICAS
Martes, 11 de diciembre de 2012

A nosa web www.baloncestocaselas.com tivo no pasado novembro un total de 801 visitantes únicos, que se traduce na segunda mellor marca mensual en máis de cinco anos deste medio. O récord mensual é de maio de 2012, coincidindo coa fase de ascenso e campionato do equipo senior, onde houbo 819 visitantes únicos.
Dende o clube agradecemos o interés mostrado por todos vós.


Publicado por cbcaselas @ 21:30
S?bado, 08 de diciembre de 2012

Informamos que queda xa moi pouca lotería de nadal do clube do número da data da nosa fundación: 18990, a 5 euros sen recargo.
Tamén continuamos coa Tómbola de axuda ao clube onde podes cubrir un número por un euro.
Máis información no MENÚ PRINCIPAL>>>TABLÓN DE ANUNCIOS.


Publicado por cbcaselas @ 12:46
Martes, 04 de diciembre de 2012
C.B.Caselas (64): Pedro (18), Rober (0), Rubén Rdguez (9), Rubén Alonso (3) e Oscar (13). QUINTETO. Pablo (7), Carlos (2), César (12) e Lucas (0).
Parciais: 17-10 / 9-19 / 20-17 / 24-18.
Incidencias: Partido xogado no Pavillón de Soutomaior correspondente a 2ªxornada de liga, aprazado no seu momento polo Arcade, e xogado aproveitando esta xornada de descanso do Caselas.

Os rapaces de Carlos Kustrin saíron a por todas na cancha do colíder, que só perdeu un partido ata o momento. Mandamos no marcador en diversas fases dun encontro con moitas alternativas. Ao final pasounos factura o cansancio e as faltas persoais (24 faltas o Caselas por 15 o Arcade). A pesar da derrota, destacar a actitude irreprochable dos nosos xogadores.

CATEGORÍAS BASE:
Curiosamente os 4 equipos de base xogaban contra os líderes das súas ligas, e ningún equipo do Caselas poido gañar. Os resultados foron:
Cadete Fem:  AIREXA NIGRÁN 50 CASELAS 34
Cadete Masc:  SEIS NADAL "C" 73 CASELAS 23
Infantil Masc:  SEIS NADAL "C" 52 CASELAS 32
Alevín Fem:  CASELAS 24 SALESIANOS VIGO 74
PARÓN DAS LIGAS:
O vindeiro fin de semana do 8-9 de nadal (ponte da Constitución), non hai liga para ningún equipo. Ademáis o xoves 6 día festivo, non hai entrenos. A liga volta a súa actividade no 15-16 de nadal.


Publicado por cbcaselas @ 23:46  | CRONICAS