Mi?rcoles, 26 de diciembre de 2012
C.B.Caselas (61): Pedro (23), Rober (2), César (10), Rubén Rdguez (7) e Oscar (12). QUINTETO. Pablo (1) e Carlos (6).
Parciais: 16-8 / 16-25 / 15-10 / 15-18.
Incidencias: Derbi comarcal xogado o domingo 23 de nadal a tarde no Pavillón de Porriño, con boa entrada de público e varios seguidores de Salceda.

Xa van catro partidos de final igualado co mesmo desenlace: derrota para o Caselas. Eso sí, cos xogadores de Carlos Kustrin deixándose "a pel na pista", nunca dando o encontro por perdido a pesar das baixas e adversidades (en Porriño eran 7 xogadores), e implicados ao máximo co equipo.
O Porriño, con seis xogadores de pasado salcedense, foi un conxunto combativo. O partido foi vistoso e igualado, con alternativas no electrónico e xogadas bonitas -en ocasións, tal vez precipitadas-. Nos minutos finais, con Pablo medio mancado nun cóbado e César eliminado por faltas, apareceu a figura do veterano Carlos Vicente, que con dúas triplas consecutivas deixou a incertidume para os segundos finais. Coa última posesión de balón para o Caselas e 62-61, o noso xogador Óscar tivo o lanzamento da victoria nun tiro lateral de 4 metros que non entrou. O Caselas perdía, pero a imaxe do equipo, excelente.
O C.B.Caselas pecha o ano 2012 oitavo na clasificación da 3ªDivisión Autonómica con 4 victorias e 7 derrotas.
Dende a Directiva desexámos bó nadal e feliz ano 2013.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: CASELAS 88 REDONDELA 28
Alevín Fem: CASELAS 30 MARISTAS CELTA 60

Lanzamento triple do noso base Pedro perante a forte defensa de Porriño.


Publicado por cbcaselas @ 10:47  | CRONICAS