Martes, 18 de diciembre de 2012
C.B.Caselas (47): Pedro (14), Rober (0), César (10), Rubén Alonso (0) e Oscar (6). QUINTETO. Pablo (2), Carlos (6), Lucas (0) e Rubén Rdguez (9).
Parciais: 23-19 / 17-14 / 16-6 / 29-8.
Incidencias: Derradeira xornada da primeira volta de liga. Pavillón Universitario do CUVI en Vigo.

Hoxe por hoxe, o Atm.Sport Setentas son un equipo moi superior ao resto dos conxuntos da liga. Líder da competición invictos, cun plantel de xogadores moi compensado e con grandes nomes. O Caselas fixo o que poido. Aguantou moi ben ata o descanso: 40-33, pero sobroulle o derradeiro cuarto, ao que hai que unir a carga de persoais, con Pablo, Roberto, César e Rubén Alonso aguantando con catro faltas.
Na vindeira xornada, última do 2012, derbi en Porriño.

CATEGORÍAS BASE:
Tan só xogaron as alevíns de Manolo, que trouxeron unha importante victoria de Vigo que as mantén na zona alta da liga: Apóstol Santiago 31 Caselas 48.
Os infantiles e cadetes non xogaron o seren aprazados os partidos polos seus rivais.


Publicado por cbcaselas @ 23:46  | CRONICAS