Martes, 04 de diciembre de 2012
C.B.Caselas (64): Pedro (18), Rober (0), Rubén Rdguez (9), Rubén Alonso (3) e Oscar (13). QUINTETO. Pablo (7), Carlos (2), César (12) e Lucas (0).
Parciais: 17-10 / 9-19 / 20-17 / 24-18.
Incidencias: Partido xogado no Pavillón de Soutomaior correspondente a 2ªxornada de liga, aprazado no seu momento polo Arcade, e xogado aproveitando esta xornada de descanso do Caselas.

Os rapaces de Carlos Kustrin saíron a por todas na cancha do colíder, que só perdeu un partido ata o momento. Mandamos no marcador en diversas fases dun encontro con moitas alternativas. Ao final pasounos factura o cansancio e as faltas persoais (24 faltas o Caselas por 15 o Arcade). A pesar da derrota, destacar a actitude irreprochable dos nosos xogadores.

CATEGORÍAS BASE:
Curiosamente os 4 equipos de base xogaban contra os líderes das súas ligas, e ningún equipo do Caselas poido gañar. Os resultados foron:
Cadete Fem:  AIREXA NIGRÁN 50 CASELAS 34
Cadete Masc:  SEIS NADAL "C" 73 CASELAS 23
Infantil Masc:  SEIS NADAL "C" 52 CASELAS 32
Alevín Fem:  CASELAS 24 SALESIANOS VIGO 74
PARÓN DAS LIGAS:
O vindeiro fin de semana do 8-9 de nadal (ponte da Constitución), non hai liga para ningún equipo. Ademáis o xoves 6 día festivo, non hai entrenos. A liga volta a súa actividade no 15-16 de nadal.


Publicado por cbcaselas @ 23:46  | CRONICAS