Martes, 27 de noviembre de 2012
C.B.Caselas (69): Pedro (26), Rober (1), Rubén Rdguez (6), Rubén Alonso (1) e Oscar (4). QUINTETO. Pablo (6), Carlos (3), Lucas (2) e César (20).
Parciais: 15-16 / 17-22 / 17-20 / 16-11.
Incidencias: Pavillón do colexio Seis do Nadal de Coia. Pouco público.

O gran xogo de equipo e o acerto de varios xogadores nos momentos máis importantes, foron as claves dunha traballada victoria perante un equipo moi xoven e que respondeu ata o segundo final.
O Caselas levou o mando no electrónico todo o encontro, con pequenas diferenzas, ata que a falla de menos de 3 minutos para o remate, os de Coia se colocan por diante 64-63. Xa cos dous equipos coa bandeira vermella erguida de faltas de equipo, entramos nun intercambio de tiros libres para chegar a falla de 39 segundos con 65-65. Entón o Caselas tivo a cabeza máis fría. Un gran Pedro anota o 65-66, e no derradeiro segundo sela a victoria cunha canasta lonxana de dous e tiro libre adicional incluído: 65-69.
Na vindeira semana, aínda que toca descanso, o C.B.Caselas xogará o encontro aprazado da 2ªxornada desprazándose a Arcade, segundo clasificado. Será o domingo 2 as 12:00.

CATEGORÍAS BASE:
Alegrías para os dous equipos, que xogaron en Salceda. O Cadete Feminino gañou ao Apóstol: 78-22. O Infantil Masculino facía o mesmo co Redondela: 35-25.


Publicado por cbcaselas @ 0:16  | CRONICAS
Martes, 20 de noviembre de 2012

O Club Baloncesto Caselas e as Escolas Municipais de Baloncesto presentáronse en sociedade nun exitoso acto celebrado o domingo 18 no pavillón de Salceda.
Os preto de 70 xogadores cos que conta o baloncesto salcedense, os entrenadores, directiva, patrocinadores e autoridades foron desfilando pola cancha nun ambiente de compañeirismo e festa. Logo viñeron as fotos de grupo e de equipos.
Como novidade, este ano celebrouse un concurso de tiro con protagonismo para a nosa base. O público foi testigo de ver grandes lanzadores. Os gañadores nas catro categorías foron: Laura Delgado (Alevín Feminino), que venceu na final a Nicole. Héctor (Infantil Masculino), que derrotou a Alex. Blanca (Cadete Feminino), que derrotou nunha emocionantísima final a Iria, e Carlos (Cadete Masculino), que lle gañou a Jose.
A festa rematou coa victoria do C.B.Caselas Senior perante o Maristas Ademar por 66-44 no partido da 3ªDivisión.
Asistiron, ademáis de toda a xente que traballa polo baloncesto local, os líderes dos tres partidos políticos do concello.
A directiva do C.B.Caselas quere agradecer o traballo dos colaboradores e o apoio recibido de toda a xente.


A nosa directiva Emma saúda as rapazas alevíns.

Os equipos formaron sobre a cancha do pavillón.

O Grupo de Iniciación coa súa entrenadora Natalia López.

As futuras estrelas encheron a pista de xogo.

Unión, compañeirismo......CA-SE-LAS!!!

O xogador infantil Alex, subcampión do concurso de tiro, en acción.

Iria, a subcampeona Cadete, logo dunha final que precisou desempate.

Cadro de gañadores do "I Concurso de Tiro" xunto cos xogadores senior Rober e Carlos.
De ezquerda a dereita: Carlos Pérez (Cadete), Blanca Costas (Cadete), Laura Delgado (Alevín) e Héctor Alonso (Infantil).


Publicado por cbcaselas @ 21:07  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 19 de noviembre de 2012


O equipo Senior do Caselas na presentación.

C.B.Caselas (66): Pedro (31), Rober (0), Rubén Rdguez (6), Rubén Alonso (4) e Oscar (16). QUINTETO. Pablo (4), Carlos (3) e Lucas (2).
Parciais: 17-11 / 20-14 / 10-10 / 19-9.
Incidencias: Partido xogado a continuación do acto oficial de presentación do C.B.Caselas. Arredor de 100 espectadores no Pavillón de Deportes de Salceda. O público soubo recoñecer o esforzo dos xogadores ao remate.

Visitaba a nosa cancha un histórico do básquet vigués -o ex-Canon-, con xogadores moi veteranos que dominaron daquela a Liga Provincial sobre os anos 80 e 90. No Caselas recuperábamos ao noso base titular Pedro, que nunha grande exhibición, non só conseguiu 31 puntos, se non que deu asistencias e dirixiu maxistralmente ao equipo. Polo demáis, os de Salceda dominaron o xogo e o marcador, esquecéndose das baixas e gustándose. No derradeiro cuarto, con canasta incluída de Oscar dende medio campo a taboleiro sobre a bocina de posesión, os xogadores de Carlos Kustrin chegaron a esa diferenza máxima de 22 puntos.

Resultados 3ªDivisión Senior:
Arcade 69 Rodaballo 64
ESG 44 Porriño 43
Mos 34 Setentas 77
Rías Baixas 69 Seis Nadal 60
Caselas 66 Maristas 44

CATEGORÍAS BASE:
Máxima emoción en Alevín Feminino e Infantil Masculino con desenlaces totalmente opostos. As rapazas de Manolo conseguiron empatar o partido en Vigo con Compañía María "B" a 22 logo de ir sempre a remolque e empatar no derradeiro minuto. Na prórroga gañaron 25-30. Pola contra os Infantiles de Serafín perderon no derbi en Porriño por 31-28.
En Cadete Feminino victoria perante Los Sauces por 57-49 que aupa as de Carlos aos primeiros postos. O Cadete Masculino nunca tivo opcións en Porriño e perdeu claramente por 73-35.


Publicado por cbcaselas @ 23:33  | CRONICAS
Martes, 13 de noviembre de 2012

Chega un dos actos máis esperados por todos. Tamén tedes toda a programación de partidos dos nosos equipos.
- PASADE A VOZ ENTRE TODOS !!!!!!!! -

NOTA: Xogadores estar no pavillón ás 16:30 horas cambiados de casa.

XORNADA DAS CATEGORÍAS BASE:

Categoría: Partido: Lugar: Día: Hora:
CADETE MASC.

PORRIÑO "B"-
CASELAS

Pavillón de Porriño Sábado 17 18:00
saída 16:45
CADETE FEM. CASELAS -
LOS SAUCES
Pavillón de Salceda Sábado 17 10:00
INFANTIL MASC. PORRIÑO "B"-
CASELAS
Pavillón de Porriño Domingo 18 10:00
saída 8:45
ALEVÍN FEM. COMPAÑÍA Mª "B"-
CASELAS
Colexio Comp.María
(Vigo)
Sábado 17 12:00
saída 10:30

 


Publicado por cbcaselas @ 21:48  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 12 de noviembre de 2012
C.B.Caselas (46): Rober (0), César (13), Rubén Rdguez (8), Rubén Alonso (4) e Oscar (9). QUINTETO. Pablo (8), Carlos (4) e Lucas (0).
Parciais: 14-11 / 15-11 / 13-13 / 18-11.
Incidencias: Mañá de domingo no Pavillón do Carmen en Vigo. O entrenador do Caselas Carlos Kustrin tivo que ver o partido dende a bancada ao cumplir un partido de sanción e vintecinco euros de multa pola expulsión por doble técnica no encontro perante Mos.

O Caselas, coas baixas de Igor, Yanko e Pedro, colleitou unha decorosa derrota na cancha do veterano Rodaballo. Os nosos sempre estiveron metidos no partido (42-35 ao inicio do periodo final), pero tiveron que ceder perante a maior altura e amplitude de banquillo dos locais.
O vindeiro domingo 18, no Acto Oficial de Presentación dos equipos do C.B.Caselas, recibimos ao Maristas Ademar de Vigo ás 7 da tarde.

Resultados 3ªDivisión Senior:
Rodaballo 60 Caselas 46
Maristas 42 Rías Baixas 52
Seis Nadal 59 OhVigo 66
Setentas 77 Grupo Austen 57
Porriño 58 Arcade 77

CATEGORÍAS BASE:
Alegrías para os equipos femininos e non tan boas novas para os masculinos.
O Alevín Feminino de Manolo debutou con victoria en Salceda: CASELAS 60 BAIONA 52.
O Cadete Feminino de Carlos, dirixido nesta ocasión por Manolo ao cumplir Carlos o partido de sanción, xogou un bó partido no derbi en Porriño: PORRIÑO "B" 51 CASELAS 54.
O Infantil Masculino de Serafín e Natalia acusou as baixas de tres xogadores importantes e caeu derrotado nos minutos finais: CASELAS 32 S.JOSÉ LA GUÍA 37. O Cadete Masculino atopouse cun rival moi superior: CASELAS 32 AIREXA NIGRÁN 81.


Publicado por cbcaselas @ 23:37  | CRONICAS
Martes, 06 de noviembre de 2012

 PODEDES CUBRIR O VOSO NÚMERO POR 1 EURO DURANTE OS PARTIDOS DO CLUBE NO PAVILLÓN DE SALCEDA

A coincidir coas 3 últimas cifras dos seguintes premios da Lotería de Nadal 2012:

UN XAMÓN (de Bodeguilla Z-9)-----------------------------------------1ºpremio Lotería Nadal

UN BOTELLÓN RIOJA 5 LITROS (de Bodeguilla Z-9)------------------2ºpremio Lotería Nadal

UN LOTE EMBUTIDOS IBÉRICOS (de Bodeguilla Z-9)------------------3ºpremio Lotería Nadal

UNHA VAIXELA 19 PEZAS (de Sanfer Expert)---------------------------4ºpremio Lotería Nadal
(para o número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UNHA BOTELLA MAGNUM 1,5L RÍAS BAIXAS (de Bodeguilla Z-9)----4ºpremio Lotería Nadal
(para o segundo número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)

UN MP3 (de Blu:Sens)-----------------------------------------------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UN MP3 (de Blu:Sens)-----------------------------------------------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o segundo número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UN LOTE DE CHOCOLATES (de Chocolates Antoxo)--------------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o terceiro número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UN LOTE DE CHOCOLATES (de Chocolates Antoxo)--------------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o cuarto número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UNHA PLANCHA DE PELO (de Sanfer Expert)---------------------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o quinto número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UN LOTE DE SIDRA (de Supermercado Aliprox)------------------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o sexto número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UNHA BÁSCULA DE COCIÑA (de Sanfer Expert)------------------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o séptimo número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)
UN CEPILLO DE DENTES ELÉCTRICO (de Sanfer Expert)---------------5ºpremio Lotería Nadal
(para o oitavo número máis próximo ao 1ºpremio, tanto por defecto como por exceso)


Publicado por cbcaselas @ 21:51
Domingo, 04 de noviembre de 2012
5ªXORNADA (XOVES 1):  CASELAS 67 OH!VIGO 54
C.B.Caselas (67):
Pedro (20), Rober (2), César (18), Rubén Alonso (2) e Oscar (10). QUINTETO. Pablo (0), Carlos (5), Lucas (2) e Rubén Rdguez (8).
Parciais: 11-15 / 21-6 / 18-20 / 17-13.
Incidencias: Encontro xogado o día de todos os Santos no Pavillón de Salceda, que rexistrou tal vez a peor entrada do ano, con apenas 30 persoas. Debutou a nova fichaxe Lucas Caruncho, un xovencísimo escolta de 19 anos.

O Caselas soubo sobrepoñerse a un mal inicio para endosarlle ao veterano equipo vigués un parcial de 21-6 no segundo cuarto. A partir de aquí os nosos controlaron o xogo con ventaxas de preto de 20 puntos. Nos minutos finais os visitantes aproveitaron o xogo interior do seu pivot Joaquín Iglesias, que visitou a liña de tiros libres con frecuencia, para baixar a diferenza aos 13 puntos.

6ªXORNADA (SÁBADO 3):  RÍAS BAIXAS 73 CASELAS 48
C.B.Caselas (48): 
Pedro (24), Pablo (6), Rubén Alonso (3), Rubén Rguez (0) e Oscar (5). QUINTETO. Lucas (0), Rober (0) e Carlos (10).
Parciais: 25-12 / 18-12 / 15-11 / 15-13.
Incidencias: Pavillón do Berbés, en Vigo.

Non é moi frecuente o que lle está a suceder ao Caselas no tema das lesións. Ás xa coñecidas de Yanko e Igor, uniuse a do base Pedro no último cuarto do partido cun esguince de nocello, con diferenza ata entón, o mellor do encontro. Tamén varios xogadores quedaron un pouco tocados, e por si fora pouco, outro titular como César tivo un problema de última hora e non poido estar.
Así se pode entender un pouco o resultado final. Enfronte, un bó equipo como o Rías Baixas, con xogadores xóvenes e moi ben traballado, que aproveitando as nosas carencias, foi superior, sobre todo no xogo interior coa presenza dun pivot moi grande. Os de Carlos Kustrin plantaron cara ata onde poideron. As diferenzas locais eran de 15-20 puntos no derradeiro cuarto, que foron aumentadas nos dous minutos finais -pouco despois da lesión de Pedro- ata esa máxima de 25 puntos.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: APÓSTOL VIGO 64 CASELAS 48
Cadete Fem: MARISTAS CELTA 52 CASELAS 49
Infantil Masc: COMPAÑÍA MARÍA VIGO 57 CASELAS 42
3ªDIVISIÓN SENIOR:
Porriño 55 Rodaballo 51
Arcade 73 Setentas 93
Mos 58 Seis Nadal 50
OhVigo 51 Ademar 60
Rías Baixas 73 Caselas 48


Publicado por cbcaselas @ 23:39  | CRONICAS

Co inicio da liga Alevín Feminino para o Caselas o vindeiro fin de semana 10-11 novembro, todos os equipos do CB.Caselas/EDM.Salceda estarán en plena actividade.
As rapazas de Manolo González, que repite con este grupo como entrenador, forman un equipo amplo, con mezcla de xogadoras de 1º e 2º ano e con moitas que se acercan ao baloncesto por primeira vez.
A Federación fixo un sorteo de 2 grupos -A e B- entre os 18 equipos inscritos. O Caselas quedou no GRUPO A, con estes equipos:
Caselas, La Academia Celta, Seis Nadal "A", Porriño "B", Baiona, Compañía María "B", Salesianos Vigo, Apóstol, Maristas Celta.
Na 1ªxornada debutamos en Salceda co Baiona. Na 2ª visitaremos ao Compañía de María "B", e na 3ª descansamos.
O calendario completo podedes consultalo, como de costume, nesta web en COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.
Sorte rapazas!!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:53