Martes, 27 de noviembre de 2012
C.B.Caselas (69): Pedro (26), Rober (1), Rubén Rdguez (6), Rubén Alonso (1) e Oscar (4). QUINTETO. Pablo (6), Carlos (3), Lucas (2) e César (20).
Parciais: 15-16 / 17-22 / 17-20 / 16-11.
Incidencias: Pavillón do colexio Seis do Nadal de Coia. Pouco público.

O gran xogo de equipo e o acerto de varios xogadores nos momentos máis importantes, foron as claves dunha traballada victoria perante un equipo moi xoven e que respondeu ata o segundo final.
O Caselas levou o mando no electrónico todo o encontro, con pequenas diferenzas, ata que a falla de menos de 3 minutos para o remate, os de Coia se colocan por diante 64-63. Xa cos dous equipos coa bandeira vermella erguida de faltas de equipo, entramos nun intercambio de tiros libres para chegar a falla de 39 segundos con 65-65. Entón o Caselas tivo a cabeza máis fría. Un gran Pedro anota o 65-66, e no derradeiro segundo sela a victoria cunha canasta lonxana de dous e tiro libre adicional incluído: 65-69.
Na vindeira semana, aínda que toca descanso, o C.B.Caselas xogará o encontro aprazado da 2ªxornada desprazándose a Arcade, segundo clasificado. Será o domingo 2 as 12:00.

CATEGORÍAS BASE:
Alegrías para os dous equipos, que xogaron en Salceda. O Cadete Feminino gañou ao Apóstol: 78-22. O Infantil Masculino facía o mesmo co Redondela: 35-25.


Publicado por cbcaselas @ 0:16  | CRONICAS