Martes, 20 de noviembre de 2012

O Club Baloncesto Caselas e as Escolas Municipais de Baloncesto presentáronse en sociedade nun exitoso acto celebrado o domingo 18 no pavillón de Salceda.
Os preto de 70 xogadores cos que conta o baloncesto salcedense, os entrenadores, directiva, patrocinadores e autoridades foron desfilando pola cancha nun ambiente de compañeirismo e festa. Logo viñeron as fotos de grupo e de equipos.
Como novidade, este ano celebrouse un concurso de tiro con protagonismo para a nosa base. O público foi testigo de ver grandes lanzadores. Os gañadores nas catro categorías foron: Laura Delgado (Alevín Feminino), que venceu na final a Nicole. Héctor (Infantil Masculino), que derrotou a Alex. Blanca (Cadete Feminino), que derrotou nunha emocionantísima final a Iria, e Carlos (Cadete Masculino), que lle gañou a Jose.
A festa rematou coa victoria do C.B.Caselas Senior perante o Maristas Ademar por 66-44 no partido da 3ªDivisión.
Asistiron, ademáis de toda a xente que traballa polo baloncesto local, os líderes dos tres partidos políticos do concello.
A directiva do C.B.Caselas quere agradecer o traballo dos colaboradores e o apoio recibido de toda a xente.


A nosa directiva Emma saúda as rapazas alevíns.

Os equipos formaron sobre a cancha do pavillón.

O Grupo de Iniciación coa súa entrenadora Natalia López.

As futuras estrelas encheron a pista de xogo.

Unión, compañeirismo......CA-SE-LAS!!!

O xogador infantil Alex, subcampión do concurso de tiro, en acción.

Iria, a subcampeona Cadete, logo dunha final que precisou desempate.

Cadro de gañadores do "I Concurso de Tiro" xunto cos xogadores senior Rober e Carlos.
De ezquerda a dereita: Carlos Pérez (Cadete), Blanca Costas (Cadete), Laura Delgado (Alevín) e Héctor Alonso (Infantil).


Publicado por cbcaselas @ 21:07  | TORNEOS E ACTOS