Lunes, 19 de noviembre de 2012


O equipo Senior do Caselas na presentación.

C.B.Caselas (66): Pedro (31), Rober (0), Rubén Rdguez (6), Rubén Alonso (4) e Oscar (16). QUINTETO. Pablo (4), Carlos (3) e Lucas (2).
Parciais: 17-11 / 20-14 / 10-10 / 19-9.
Incidencias: Partido xogado a continuación do acto oficial de presentación do C.B.Caselas. Arredor de 100 espectadores no Pavillón de Deportes de Salceda. O público soubo recoñecer o esforzo dos xogadores ao remate.

Visitaba a nosa cancha un histórico do básquet vigués -o ex-Canon-, con xogadores moi veteranos que dominaron daquela a Liga Provincial sobre os anos 80 e 90. No Caselas recuperábamos ao noso base titular Pedro, que nunha grande exhibición, non só conseguiu 31 puntos, se non que deu asistencias e dirixiu maxistralmente ao equipo. Polo demáis, os de Salceda dominaron o xogo e o marcador, esquecéndose das baixas e gustándose. No derradeiro cuarto, con canasta incluída de Oscar dende medio campo a taboleiro sobre a bocina de posesión, os xogadores de Carlos Kustrin chegaron a esa diferenza máxima de 22 puntos.

Resultados 3ªDivisión Senior:
Arcade 69 Rodaballo 64
ESG 44 Porriño 43
Mos 34 Setentas 77
Rías Baixas 69 Seis Nadal 60
Caselas 66 Maristas 44

CATEGORÍAS BASE:
Máxima emoción en Alevín Feminino e Infantil Masculino con desenlaces totalmente opostos. As rapazas de Manolo conseguiron empatar o partido en Vigo con Compañía María "B" a 22 logo de ir sempre a remolque e empatar no derradeiro minuto. Na prórroga gañaron 25-30. Pola contra os Infantiles de Serafín perderon no derbi en Porriño por 31-28.
En Cadete Feminino victoria perante Los Sauces por 57-49 que aupa as de Carlos aos primeiros postos. O Cadete Masculino nunca tivo opcións en Porriño e perdeu claramente por 73-35.


Publicado por cbcaselas @ 23:33  | CRONICAS