Lunes, 12 de noviembre de 2012
C.B.Caselas (46): Rober (0), César (13), Rubén Rdguez (8), Rubén Alonso (4) e Oscar (9). QUINTETO. Pablo (8), Carlos (4) e Lucas (0).
Parciais: 14-11 / 15-11 / 13-13 / 18-11.
Incidencias: Mañá de domingo no Pavillón do Carmen en Vigo. O entrenador do Caselas Carlos Kustrin tivo que ver o partido dende a bancada ao cumplir un partido de sanción e vintecinco euros de multa pola expulsión por doble técnica no encontro perante Mos.

O Caselas, coas baixas de Igor, Yanko e Pedro, colleitou unha decorosa derrota na cancha do veterano Rodaballo. Os nosos sempre estiveron metidos no partido (42-35 ao inicio do periodo final), pero tiveron que ceder perante a maior altura e amplitude de banquillo dos locais.
O vindeiro domingo 18, no Acto Oficial de Presentación dos equipos do C.B.Caselas, recibimos ao Maristas Ademar de Vigo ás 7 da tarde.

Resultados 3ªDivisión Senior:
Rodaballo 60 Caselas 46
Maristas 42 Rías Baixas 52
Seis Nadal 59 OhVigo 66
Setentas 77 Grupo Austen 57
Porriño 58 Arcade 77

CATEGORÍAS BASE:
Alegrías para os equipos femininos e non tan boas novas para os masculinos.
O Alevín Feminino de Manolo debutou con victoria en Salceda: CASELAS 60 BAIONA 52.
O Cadete Feminino de Carlos, dirixido nesta ocasión por Manolo ao cumplir Carlos o partido de sanción, xogou un bó partido no derbi en Porriño: PORRIÑO "B" 51 CASELAS 54.
O Infantil Masculino de Serafín e Natalia acusou as baixas de tres xogadores importantes e caeu derrotado nos minutos finais: CASELAS 32 S.JOSÉ LA GUÍA 37. O Cadete Masculino atopouse cun rival moi superior: CASELAS 32 AIREXA NIGRÁN 81.


Publicado por cbcaselas @ 23:37  | CRONICAS