Domingo, 04 de noviembre de 2012
5ªXORNADA (XOVES 1):  CASELAS 67 OH!VIGO 54
C.B.Caselas (67):
Pedro (20), Rober (2), César (18), Rubén Alonso (2) e Oscar (10). QUINTETO. Pablo (0), Carlos (5), Lucas (2) e Rubén Rdguez (8).
Parciais: 11-15 / 21-6 / 18-20 / 17-13.
Incidencias: Encontro xogado o día de todos os Santos no Pavillón de Salceda, que rexistrou tal vez a peor entrada do ano, con apenas 30 persoas. Debutou a nova fichaxe Lucas Caruncho, un xovencísimo escolta de 19 anos.

O Caselas soubo sobrepoñerse a un mal inicio para endosarlle ao veterano equipo vigués un parcial de 21-6 no segundo cuarto. A partir de aquí os nosos controlaron o xogo con ventaxas de preto de 20 puntos. Nos minutos finais os visitantes aproveitaron o xogo interior do seu pivot Joaquín Iglesias, que visitou a liña de tiros libres con frecuencia, para baixar a diferenza aos 13 puntos.

6ªXORNADA (SÁBADO 3):  RÍAS BAIXAS 73 CASELAS 48
C.B.Caselas (48): 
Pedro (24), Pablo (6), Rubén Alonso (3), Rubén Rguez (0) e Oscar (5). QUINTETO. Lucas (0), Rober (0) e Carlos (10).
Parciais: 25-12 / 18-12 / 15-11 / 15-13.
Incidencias: Pavillón do Berbés, en Vigo.

Non é moi frecuente o que lle está a suceder ao Caselas no tema das lesións. Ás xa coñecidas de Yanko e Igor, uniuse a do base Pedro no último cuarto do partido cun esguince de nocello, con diferenza ata entón, o mellor do encontro. Tamén varios xogadores quedaron un pouco tocados, e por si fora pouco, outro titular como César tivo un problema de última hora e non poido estar.
Así se pode entender un pouco o resultado final. Enfronte, un bó equipo como o Rías Baixas, con xogadores xóvenes e moi ben traballado, que aproveitando as nosas carencias, foi superior, sobre todo no xogo interior coa presenza dun pivot moi grande. Os de Carlos Kustrin plantaron cara ata onde poideron. As diferenzas locais eran de 15-20 puntos no derradeiro cuarto, que foron aumentadas nos dous minutos finais -pouco despois da lesión de Pedro- ata esa máxima de 25 puntos.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: APÓSTOL VIGO 64 CASELAS 48
Cadete Fem: MARISTAS CELTA 52 CASELAS 49
Infantil Masc: COMPAÑÍA MARÍA VIGO 57 CASELAS 42
3ªDIVISIÓN SENIOR:
Porriño 55 Rodaballo 51
Arcade 73 Setentas 93
Mos 58 Seis Nadal 50
OhVigo 51 Ademar 60
Rías Baixas 73 Caselas 48


Publicado por cbcaselas @ 23:39  | CRONICAS