Domingo, 04 de noviembre de 2012

Co inicio da liga Alevín Feminino para o Caselas o vindeiro fin de semana 10-11 novembro, todos os equipos do CB.Caselas/EDM.Salceda estarán en plena actividade.
As rapazas de Manolo González, que repite con este grupo como entrenador, forman un equipo amplo, con mezcla de xogadoras de 1º e 2º ano e con moitas que se acercan ao baloncesto por primeira vez.
A Federación fixo un sorteo de 2 grupos -A e B- entre os 18 equipos inscritos. O Caselas quedou no GRUPO A, con estes equipos:
Caselas, La Academia Celta, Seis Nadal "A", Porriño "B", Baiona, Compañía María "B", Salesianos Vigo, Apóstol, Maristas Celta.
Na 1ªxornada debutamos en Salceda co Baiona. Na 2ª visitaremos ao Compañía de María "B", e na 3ª descansamos.
O calendario completo podedes consultalo, como de costume, nesta web en COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS.
Sorte rapazas!!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:53