Domingo, 28 de octubre de 2012
C.B.Caselas (56): Pedro (18), Rober (4), Rubén Alonso (3), César (9) e Oscar (11). QUINTETO. Carlos (3), Pablo (4) e Rubén Rdguez (4).
Parciais: 9-10 / 16-14 / 16-5 / 22-27.
Incidencias: Moi pouco público no Pavillón Oscar Pereiro de Mos.

A pesares de non xogar un bó partido, con moitos altibaixos e acusando as baixas, o Caselas nunca deixou distanciarse ao Mos no marcador. Os locais aproveitaron o baixón dos nosos no terceiro cuarto -parcial en contra de 16-5, para abrir a máxima brecha: 41-29 ao remate do terceiro cuarto. Lonxe de virse abaixo, os de Salceda xogaron un gran periodo final, sempre creendo na remontada.
A falla de dous minutos para o remate, chegou tal vez a xogada clave: falta persoal sobre a tripla do noso base Pedro que non é sinalada. Perante as protestas de Carlos Kustrin, éste é sancionado con falta técnica e novamente outra que supón a descalificante. Catro tiros libres para Mos anotados que sentencian o partido. O Caselas tentouno aínda ata o final, pero non había máis tempo.

Resultados 3ªDivisión Senior:
Setentas 72 Rodaballo 63
Arcade 81 Seis Nadal 70
ESG 55 Maristas Ademar 41
Mos 63 Caselas 56
Oh!Vigo 66 Rías Baixas 71

CATEGORÍAS BASE:
Partido vibrante para as nosas rapazas cadetes perante o Baiona. Empate a 31 no terceiro cuarto, empate a 41 ao remate do partido, e victoria final para o Caselas na prórroga por 52-47.
Os rapaces cadetes e infantiles atopáronse con rivais moi superiores. O Cadete Masculino caía co Maristas "B" 32-78, mentres o Infantil Masculino facíao con Seis do Nadal "C" por 21-76.


Publicado por cbcaselas @ 22:33  | CRONICAS
Lunes, 22 de octubre de 2012
C.B.Caselas (57): Pedro (18), Pablo (10), Rober (2), Rubén Alonso (7), Oscar (15). QUINTETO. Igor (2) e Carlos (3).
Parciais: 12-14 / 15-12 / 12-18 / 18-16.
Incidencias: Menos de medio centenar de animosos afecionados no pavillon de deportes de Salceda.

Ben se podía aplicar o dito de que "o Caselas atravesou o río -moi difícil- e morreu na orilla". Os rapaces de Carlos Kustrin, plagados de importantísimas baixas, xogaron un encontro moi irregular, con altibaixos e precipitacións no tiro en ocasións. O rival, o Grupo Austen de Vigo fixo dano no xogo interior, con dous xogadores de moita altura.
A poucos minutos do final, os vigueses parecían sentenciar cunha ventaxa de 12 puntos. Pero os nosos (con entrega, garra e o apoio dun gran público que non creía o que pasaba), consiguen chegar aos derradeiros segundos con 57-60, posesión de balón para empatar e catro xogadores en pista pola eliminación de Rober, Rubén e Oscar. Entón, nin o lanzamento triple de Pedro nin o de Igor sobre a bocina, quixeron entrar.
Plaga de lesións:
As lesións non están respetando ao Caselas senior. Nin Yanko, nin Rubén Rodríguez poideron xogar, e Igor moi tocado. Ademáis foi baixa César por motivos laborais e Oscar rematou coa articulación do cóbado hinchada. Yanko está a espera dunha resonancia que diagnostique o alcance da lesión no xeonllo. Igor tamén con problemas no xeonllo, e Rubén con febre. Un contratempo que mermará o potencial real do noso equipo.

Resultados 3ªDiv:
Rodaballo-Oh!Vigo (non xogado)
Rías Baixas 47 Mos 60
Caselas 57 Grupo Austen 60
Ademar 48 Arcade 56
Seis Nadal 53 Porriño 68
CATEGORÍAS BASE:
Doble desprazamento a Redondela e doble premio para o Infantil e Cadete Masculinos de Serafín Dasilva, que se mostraron superiores.
En Cadete: C.B.Redondela 14 C.B.Caselas 96
En Infantil: C.B.Redondela 33 C.B.Caselas 60


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS
Martes, 16 de octubre de 2012

Outro novo equipo do clube que inicia a 2ªDivisión Infantil Masculino Grupo E2. O plantel salcedense, dirixido por Serafín Dasilva e cunha mezcla de xogadores de primeiro e segundo ano, leva traballando moito tempo e debutarán na primeira xornada en Redondela este fin de semana do 20-21 outubro perante o C.B.Redondela. Na segunda xornada recibimos ao Seis do Nadal "C" e na terceira imos ao Compañía de María.
Cabe destacar a numerosa participación de equipos, con un total de 18, que quedaron divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un: grupo E1, E2 e E3. No Grupo E2, ademáis do Caselas, están o S.José La Guía, Canteiras Porriño "B", Seis Nadal "C", Compañía María e C.B.Redondela.
O calendario completo da competición, así como de todas as ligas, podedes consultalo nesta web no MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 22:14
Domingo, 14 de octubre de 2012

Debutaban os Cadetes de Serafín Dasilva e xogaban a 2ªxornada as Cadetes de Carlos Kustrin, ambos na 2ª División grupo E.
As rapazas, logo de dominar o marcador con escasas ventaxas, pagaron a carga de personais e a lesión de Noelia (desexámoste pronta recuperación) para caer perante Airexa Nigrán 40-47.
Por outro lado, os rapaces tamén perdían co Seis Nadal "C" por 35-70. A pesar do que poida sinalar o resultado, os de Serafín -con moitos infantiles-, deixaron boas sensacións.


Publicado por cbcaselas @ 22:41
Lunes, 08 de octubre de 2012


Pedro lanza dende 6,75 perante a oposición dun xogador de Porriño.

C.B.Caselas (50): Pedro (13), Yanko (10), César (4), Rubén Alonso (0), Oscar (14). QUINTETO. Pablo (5), Igor (4), Carlos (0), Rober (0), Rubén Rguez (0).
Parciais: 17-13 / 6-7 / 12-12 / 15-16.
Incidencias: Debut do Caselas na 3ªdivisión autonómica. Algo menos de 100 espectadores que levaron en volandas aos de Salceda. O Caselas continúa tendo un ano máis como patrocinador á empresa do noso pobo Hermanos Núñez Lorenzo, S.L.

Partido tremendamente igualado e moi disputado onde as defensas predominaron sobre o ataque. Os dous equipos xogaron moi motivados, con xogadores que se coñecían (varios xogadores de Porriño teñen pasado no Caselas) e con gañas de agradar.
Con 23-20 ao descanso, os porriñeses abriron unha pequena brecha no terceiro cuarto. Enseguida os nosos respostaron, empurrados por un gran público. Os minutos finais foron non aptos para cardiacos. Con 6 segundos, balón para os visitantes que non anotaron a tripla grazas a excelente defensa do Caselas.
Resultados 3ªDiv:
Rodaballo 48 Mos 46
Oh Vigo 42 Electroships 57
Rías Baixas 58 Arcade 67
Ademar 52 Atmósfera Sport 82
Caselas 50 Porriño 48

CATEGORÍAS BASE
Tamén debutaron as rapazas do Cadete Feminino que non tiveron piedade do Apóstol en Vigo. As nosas gañaron por 12-124 (7-74 ao descanso). As de Carlos Kustrin deben agora seguir traballando para afrontar partidos máis difíciles. Noraboa!!!

 


Publicado por cbcaselas @ 23:03  | CRONICAS
Martes, 02 de octubre de 2012

Turno tamén para os Cadetes Masculino e Feminino, tutelados polas Escolas Deportivas Municipais de Salceda, que comezan este sábado 6 de outubro. 

Os rapaces, entrenados por Serafín Dasilva (2ªtemporada no clube), participarán na 2ªDivisión Grupo E1 (na zona de Vigo tamén se fixo o grupo E2). Os rivais son os vigueses do Apóstol, Seis do Nadal Coia "C", Maristas "B", e o Airexa Nigrán, Porriño "B" e Redondela. Na primeira xornada tocounos descansar o ser un grupo impar. Na segunda, recibimos en Salceda ao Seis Nadal "C".
Serafín contará cun grupo de xogadores escasos, todos de primeiro ano, pero que contará coa inestimable axuda dos infantiles.

As rapazas, entrenadas por Carlos Kustrin (4ªtemporada no clube), tamén participarán na 2ªDivisión Grupo E1. Terán como rivais as viguesas do Maristas Celta, Los Sauces, Apóstol, e o Baiona, Airexa Nigrán e Porriño "B".
Na primeira xornada se desprazan a Vigo a cancha do Apóstol. Logo ven a Salceda o Airexa Nigrán.
As cadetes contan cun plantel que procede de infantil. Son todas de primeiro ano e varias xogadoras aínda en idade infantil.

O calendario completo, clasificacións e resultados, podedes consultalos nesta web no MENÚ PRINCIPAL>>>>COMPETICIÓN>>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS 2012-2013.


Publicado por cbcaselas @ 22:10

Quedan 4 días para que o C.B.Caselas senior masculino inicie unha nova etapa na 3ªdivisión galega. Os rapaces de Carlos Kustrin, que cumple a súa cuarta temporada como técnico local, uníronse para completar un plantel onde continúan 10 dos 11 xogadores, contando ao canteirán Iago Suárez, que non fichará por problemas persoais, pero seguirá adestrando co grupo.
A única baixa é a de Jonathan Fernández, que será suplido pola única novidade: Carlos Vicente, un veterano pivot de 41 anos e 1,83m que procede do C.B.Tui de 3ªdivisión. Ademáis, están a adestrar varios xogadores que reforzarán as sesións.
Con todo, o C.B.CASELAS senior queda así:

Bases:
Rubén Rodríguez
Pedro Larrañaga
Escolta:
César Dacosta
Alas:
Igor Sío
Rubén Alonso
Pablo Cabaleiro
Ala Pivots:
Óscar Docampo
Yanko
González
Pivots:
Roberto Álvarez
Carlos Vicente

Dende a directiva se agradece a gran implicación e profesionalidade do grupo, que de seguro, aspirará ao máximo.


Publicado por cbcaselas @ 21:57