Domingo, 28 de octubre de 2012
C.B.Caselas (56): Pedro (18), Rober (4), Rubén Alonso (3), César (9) e Oscar (11). QUINTETO. Carlos (3), Pablo (4) e Rubén Rdguez (4).
Parciais: 9-10 / 16-14 / 16-5 / 22-27.
Incidencias: Moi pouco público no Pavillón Oscar Pereiro de Mos.

A pesares de non xogar un bó partido, con moitos altibaixos e acusando as baixas, o Caselas nunca deixou distanciarse ao Mos no marcador. Os locais aproveitaron o baixón dos nosos no terceiro cuarto -parcial en contra de 16-5, para abrir a máxima brecha: 41-29 ao remate do terceiro cuarto. Lonxe de virse abaixo, os de Salceda xogaron un gran periodo final, sempre creendo na remontada.
A falla de dous minutos para o remate, chegou tal vez a xogada clave: falta persoal sobre a tripla do noso base Pedro que non é sinalada. Perante as protestas de Carlos Kustrin, éste é sancionado con falta técnica e novamente outra que supón a descalificante. Catro tiros libres para Mos anotados que sentencian o partido. O Caselas tentouno aínda ata o final, pero non había máis tempo.

Resultados 3ªDivisión Senior:
Setentas 72 Rodaballo 63
Arcade 81 Seis Nadal 70
ESG 55 Maristas Ademar 41
Mos 63 Caselas 56
Oh!Vigo 66 Rías Baixas 71

CATEGORÍAS BASE:
Partido vibrante para as nosas rapazas cadetes perante o Baiona. Empate a 31 no terceiro cuarto, empate a 41 ao remate do partido, e victoria final para o Caselas na prórroga por 52-47.
Os rapaces cadetes e infantiles atopáronse con rivais moi superiores. O Cadete Masculino caía co Maristas "B" 32-78, mentres o Infantil Masculino facíao con Seis do Nadal "C" por 21-76.


Publicado por cbcaselas @ 22:33  | CRONICAS