Lunes, 22 de octubre de 2012
C.B.Caselas (57): Pedro (18), Pablo (10), Rober (2), Rubén Alonso (7), Oscar (15). QUINTETO. Igor (2) e Carlos (3).
Parciais: 12-14 / 15-12 / 12-18 / 18-16.
Incidencias: Menos de medio centenar de animosos afecionados no pavillon de deportes de Salceda.

Ben se podía aplicar o dito de que "o Caselas atravesou o río -moi difícil- e morreu na orilla". Os rapaces de Carlos Kustrin, plagados de importantísimas baixas, xogaron un encontro moi irregular, con altibaixos e precipitacións no tiro en ocasións. O rival, o Grupo Austen de Vigo fixo dano no xogo interior, con dous xogadores de moita altura.
A poucos minutos do final, os vigueses parecían sentenciar cunha ventaxa de 12 puntos. Pero os nosos (con entrega, garra e o apoio dun gran público que non creía o que pasaba), consiguen chegar aos derradeiros segundos con 57-60, posesión de balón para empatar e catro xogadores en pista pola eliminación de Rober, Rubén e Oscar. Entón, nin o lanzamento triple de Pedro nin o de Igor sobre a bocina, quixeron entrar.
Plaga de lesións:
As lesións non están respetando ao Caselas senior. Nin Yanko, nin Rubén Rodríguez poideron xogar, e Igor moi tocado. Ademáis foi baixa César por motivos laborais e Oscar rematou coa articulación do cóbado hinchada. Yanko está a espera dunha resonancia que diagnostique o alcance da lesión no xeonllo. Igor tamén con problemas no xeonllo, e Rubén con febre. Un contratempo que mermará o potencial real do noso equipo.

Resultados 3ªDiv:
Rodaballo-Oh!Vigo (non xogado)
Rías Baixas 47 Mos 60
Caselas 57 Grupo Austen 60
Ademar 48 Arcade 56
Seis Nadal 53 Porriño 68
CATEGORÍAS BASE:
Doble desprazamento a Redondela e doble premio para o Infantil e Cadete Masculinos de Serafín Dasilva, que se mostraron superiores.
En Cadete: C.B.Redondela 14 C.B.Caselas 96
En Infantil: C.B.Redondela 33 C.B.Caselas 60


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS