Martes, 16 de octubre de 2012

Outro novo equipo do clube que inicia a 2ªDivisión Infantil Masculino Grupo E2. O plantel salcedense, dirixido por Serafín Dasilva e cunha mezcla de xogadores de primeiro e segundo ano, leva traballando moito tempo e debutarán na primeira xornada en Redondela este fin de semana do 20-21 outubro perante o C.B.Redondela. Na segunda xornada recibimos ao Seis do Nadal "C" e na terceira imos ao Compañía de María.
Cabe destacar a numerosa participación de equipos, con un total de 18, que quedaron divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un: grupo E1, E2 e E3. No Grupo E2, ademáis do Caselas, están o S.José La Guía, Canteiras Porriño "B", Seis Nadal "C", Compañía María e C.B.Redondela.
O calendario completo da competición, así como de todas as ligas, podedes consultalo nesta web no MENÚ PRINCIPAL>>>COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 22:14