Lunes, 08 de octubre de 2012


Pedro lanza dende 6,75 perante a oposición dun xogador de Porriño.

C.B.Caselas (50): Pedro (13), Yanko (10), César (4), Rubén Alonso (0), Oscar (14). QUINTETO. Pablo (5), Igor (4), Carlos (0), Rober (0), Rubén Rguez (0).
Parciais: 17-13 / 6-7 / 12-12 / 15-16.
Incidencias: Debut do Caselas na 3ªdivisión autonómica. Algo menos de 100 espectadores que levaron en volandas aos de Salceda. O Caselas continúa tendo un ano máis como patrocinador á empresa do noso pobo Hermanos Núñez Lorenzo, S.L.

Partido tremendamente igualado e moi disputado onde as defensas predominaron sobre o ataque. Os dous equipos xogaron moi motivados, con xogadores que se coñecían (varios xogadores de Porriño teñen pasado no Caselas) e con gañas de agradar.
Con 23-20 ao descanso, os porriñeses abriron unha pequena brecha no terceiro cuarto. Enseguida os nosos respostaron, empurrados por un gran público. Os minutos finais foron non aptos para cardiacos. Con 6 segundos, balón para os visitantes que non anotaron a tripla grazas a excelente defensa do Caselas.
Resultados 3ªDiv:
Rodaballo 48 Mos 46
Oh Vigo 42 Electroships 57
Rías Baixas 58 Arcade 67
Ademar 52 Atmósfera Sport 82
Caselas 50 Porriño 48

CATEGORÍAS BASE
Tamén debutaron as rapazas do Cadete Feminino que non tiveron piedade do Apóstol en Vigo. As nosas gañaron por 12-124 (7-74 ao descanso). As de Carlos Kustrin deben agora seguir traballando para afrontar partidos máis difíciles. Noraboa!!!

 


Publicado por cbcaselas @ 23:03  | CRONICAS