Martes, 02 de octubre de 2012

Turno tamén para os Cadetes Masculino e Feminino, tutelados polas Escolas Deportivas Municipais de Salceda, que comezan este sábado 6 de outubro. 

Os rapaces, entrenados por Serafín Dasilva (2ªtemporada no clube), participarán na 2ªDivisión Grupo E1 (na zona de Vigo tamén se fixo o grupo E2). Os rivais son os vigueses do Apóstol, Seis do Nadal Coia "C", Maristas "B", e o Airexa Nigrán, Porriño "B" e Redondela. Na primeira xornada tocounos descansar o ser un grupo impar. Na segunda, recibimos en Salceda ao Seis Nadal "C".
Serafín contará cun grupo de xogadores escasos, todos de primeiro ano, pero que contará coa inestimable axuda dos infantiles.

As rapazas, entrenadas por Carlos Kustrin (4ªtemporada no clube), tamén participarán na 2ªDivisión Grupo E1. Terán como rivais as viguesas do Maristas Celta, Los Sauces, Apóstol, e o Baiona, Airexa Nigrán e Porriño "B".
Na primeira xornada se desprazan a Vigo a cancha do Apóstol. Logo ven a Salceda o Airexa Nigrán.
As cadetes contan cun plantel que procede de infantil. Son todas de primeiro ano e varias xogadoras aínda en idade infantil.

O calendario completo, clasificacións e resultados, podedes consultalos nesta web no MENÚ PRINCIPAL>>>>COMPETICIÓN>>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS 2012-2013.


Publicado por cbcaselas @ 22:10