Martes, 25 de septiembre de 2012

Cun interesantísimo derbi Caselas-Porriño, dará comezo a primeira xornada da 3ªDivisión Senior Grupo E o vindeiro sábado 6 de outubro. Ao longo de 22 xornadas de liga que se prolongarán ata o 17 de marzo de 2013, coñeceranse os dous equipos que xogarán a fase de ascenso por sistema de liguilla de 4 equipos, logo dun sorteo entre os dous primeiros de cada grupo galego. Igualmente os dous últimos clasificados xogarán polo mesmo sistema o descenso.
Na 2ªxornada visitaremos Arcade e na 3ª recibimos en Salceda ao C.B.Electroships Galicia de Vigo.
O calendario completo podedes consultalo no MENÚ PRINCIPAL>>>>COMPETICIÓN.
Tamén vimos de actualizar as seccións XUNTA DIRECTIVA e DESCONTOS. Seguiremos informando.


Publicado por cbcaselas @ 23:15
Domingo, 23 de septiembre de 2012

O C.B.Caselas senior masculino xa coñece os seus rivais da 3ªDivisión. Logo da composición dos 6 grupos galegos, con 59 equipos en total, o noso equipo estará no Grupo E. O luns 24 sortearase o calendario de xogo dunha liga que comeza o 6-7 de outubro.
Equipos Grupo E (11):
Caselas, Setentas, Porriño, Arcade, Mos, Maristas Ademar, Oh!Vigo, Electroships, Seis do Nadal, Rodaballo, Rías Baixas de Vigo (novidade).

PLANTILLAS
Os distintos entrenadores do noso clube apuran a confección das das distintas plantillas para competir. O equipo senior de Carlos Kustrin continuará con practicamente os mesmos xogadores que acadaron o ascenso. Igualmente os equipos base terán case os mesmos xogadores/as, aínda que con algunha novidade.

INICIO DAS LIGAS
Senior Masculino, Cadete Masculino e Cadete Feminino:  6-7 outubro.
Infantil Masculino:  20-21 outubro.
Minibásquet:  finais outubro/principios novembro.

AXILIZACIÓN DAS FICHAS
Co fin de presentar as fichas a tempo na Federación, pedimos a todos os xogadores/as do clube e escolas que presenten canto antes a seguinte documentación:
- Senior Masculino: unha foto + ficha cuberta (ademáis de fotocopia DNI os novos).
- Categorías Base: a entregar na oficina municipal de deportes: unha foto + fotocopia DNI.
Tamén se recorda que todos os xogadores/as deben firmar o Regulamento de Réxime Interno do clube.


Publicado por cbcaselas @ 14:32


De ezquerda a dereita: Manuel Domínguez, Luis, Ana, Miro e Manuel González.

Presidente:  MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ.
Secretario:  MANUEL DOMÍNGUEZ SANJUÁN.
Tesoureiro:  LUIS GONZÁLEZ LEMOS.
Vogais:  
ANA BELÉN DOMÍNGUEZ MARTÍNEZ.
             EDELMIRO GARCÍA GRILO.


Publicado por cbcaselas @ 14:04
Domingo, 16 de septiembre de 2012

A Praza do Concello de Salceda foi un excelente marco para celebrar nunha tarde veraniega esta festa do mini, onde tamén tiveron cabida os infantiles e cadetes. Preto de 60 xogadores/as e a inestimable colaboración da directiva, entrenadores e xogadores senior.
A nivel deportivo, os campións do torneo foron "Celtas" en benxamín/alevín, e "Caselas" en infantil/cadete, aínda que hai que destacar a grande entrega de todos os participantes.

Participantes categoría Benxamín/Alevín.

Participantes categoría Infantil/Cadete.

Os pequenos en acción.

O entrenador Serafín da explicacións aos alevíns.

Bonito lanzamento en alevíns.

Carlos Kustrin (entrenador do clube) e Manuel Domínguez (secretario).

Turno para infantiles e cadetes, que brindaron un bonito espectáculo.

De novo en acción infantiles e cadetes.


Publicado por cbcaselas @ 14:38  | TORNEOS E ACTOS
S?bado, 08 de septiembre de 2012

VOLUNTARIOS PARA O TORNEO:
O C.B.Caselas precisa voluntarios para o desenrolo deste torneo destinado á base. Xente para facer labores de árbitros, anotadores de mesa e demáis. Os interesados deben anotarse no teléfono 630.562800 ou no correo do clube [email protected] e asistir a reunión este xoves 13 setembro ás 18:30 na sede do clube no pavillón.


Publicado por cbcaselas @ 14:02  | TORNEOS E ACTOS