Martes, 25 de septiembre de 2012

Cun interesantísimo derbi Caselas-Porriño, dará comezo a primeira xornada da 3ªDivisión Senior Grupo E o vindeiro sábado 6 de outubro. Ao longo de 22 xornadas de liga que se prolongarán ata o 17 de marzo de 2013, coñeceranse os dous equipos que xogarán a fase de ascenso por sistema de liguilla de 4 equipos, logo dun sorteo entre os dous primeiros de cada grupo galego. Igualmente os dous últimos clasificados xogarán polo mesmo sistema o descenso.
Na 2ªxornada visitaremos Arcade e na 3ª recibimos en Salceda ao C.B.Electroships Galicia de Vigo.
O calendario completo podedes consultalo no MENÚ PRINCIPAL>>>>COMPETICIÓN.
Tamén vimos de actualizar as seccións XUNTA DIRECTIVA e DESCONTOS. Seguiremos informando.


Publicado por cbcaselas @ 23:15