Domingo, 23 de septiembre de 2012

O C.B.Caselas senior masculino xa coñece os seus rivais da 3ªDivisión. Logo da composición dos 6 grupos galegos, con 59 equipos en total, o noso equipo estará no Grupo E. O luns 24 sortearase o calendario de xogo dunha liga que comeza o 6-7 de outubro.
Equipos Grupo E (11):
Caselas, Setentas, Porriño, Arcade, Mos, Maristas Ademar, Oh!Vigo, Electroships, Seis do Nadal, Rodaballo, Rías Baixas de Vigo (novidade).

PLANTILLAS
Os distintos entrenadores do noso clube apuran a confección das das distintas plantillas para competir. O equipo senior de Carlos Kustrin continuará con practicamente os mesmos xogadores que acadaron o ascenso. Igualmente os equipos base terán case os mesmos xogadores/as, aínda que con algunha novidade.

INICIO DAS LIGAS
Senior Masculino, Cadete Masculino e Cadete Feminino:  6-7 outubro.
Infantil Masculino:  20-21 outubro.
Minibásquet:  finais outubro/principios novembro.

AXILIZACIÓN DAS FICHAS
Co fin de presentar as fichas a tempo na Federación, pedimos a todos os xogadores/as do clube e escolas que presenten canto antes a seguinte documentación:
- Senior Masculino: unha foto + ficha cuberta (ademáis de fotocopia DNI os novos).
- Categorías Base: a entregar na oficina municipal de deportes: unha foto + fotocopia DNI.
Tamén se recorda que todos os xogadores/as deben firmar o Regulamento de Réxime Interno do clube.


Publicado por cbcaselas @ 14:32