S?bado, 30 de junio de 2012

A Federación Galega de Baloncesto ven de publicar a súa memoria da temporada 11-12 onde, entre outras cousas, se establecen as clasificacións finais de todas as categorías do básquet galego.
O C.B.Caselas senior masculino é proclamado campeón galego da 4ªdivisión dun total de 45 equipos. Nos 3 primeiros postos aparecen os 3 campeóns dos tres grupos de ascenso, pero por criterios de puntuación e basquetaverage, o Caselas presenta os mellores números.
Na seguinte ligazón podedes ver a completísima memoria da FGB:
www.fegaba.com/enlaces/novas/doc/0961256001340903731-memoria-de-actividades-2011-2012.pdf


Publicado por cbcaselas @ 23:15

O C.B.Caselas e E.D.M.Salceda pecharon a temporada co tradicional partido de pais e nais e o xantar popular celebrado no parque recreativo dos Agoeiros. Aquí vos quedan unhas imaxes.


Publicado por cbcaselas @ 23:00  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 24 de junio de 2012

O noso compañeiro Igor nos envía estos dous regalazos do partido xogado en Salceda entre o Caselas e o Infortecny de Santiago que supuxo o ascenso dos nosos á 3ªdivisión. Grazas a Igor e a todos que nos estades pasando o material recollido.


Publicado por cbcaselas @ 0:30  | VIDEOS
Lunes, 18 de junio de 2012

PARTIDO DE NAIS E PAIS
Outra das actividades que temos programadas, é o tradicional partido de pais e nais de xogadores. Tamén estarán entrenadores e directiva. Celebrarémolo o venres 22 de xuño as 20 horas no pavillón. Animádevos todos !!!!!

XANTAR DE FIN DE TEMPORADA
A iniciativa da directiva do C.B.Caselas, haberá un xantar de convivencia de fin de temporada o sábado 23 de xuño na Área recreativa dos Agoeiros, onde quedaremos a partir das 12 para pasar alí a tarde. Poden participar xogadores, familiares, etc. Cada un será encargado de levar o seu xantar e demáis. O clube invitará ao postre.

ENTREGA DE EQUIPAXES
Recórdase a todos os xogadores/as que deben devolver a equipaxe de xogo durante este mes de xuño á nosa directiva encargada Natalia (622.041755) ou se entregarán na oficina do pavillón.


Publicado por cbcaselas @ 19:18  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 12 de junio de 2012


Foto de grupo dos nosos minis masculino e feminino en Santiago.

Moito madrugaron os peques de Salceda o pasado sábado para coller un autobús que lles levaría ao mellor escenario de baloncesto de Galicia -o multiusos Fontes do Sar, cancha do Obradoiro- a pasar un grande día.
As 6:30 da mañá soaron moitos despertadores para comezar un día agotador, cheo de partidos, xogos, concursos e outras sorpresas onde a diversión era o principal.
Os nosos xogaron contra catro equipos santiagueses. Co anfritión Obradoiro CAB e Compañía María Stgo (o Caselas masculino), e La Salle e Pío XII (o Caselas feminino), dando boas sensacións e co resultado que era o de menos neste "IX Día Autonómico do Minibásquet El Correo Gallego".
Dar as grazas ao diario de Santiago, que esquivando a crise actual, organizou cun éxito rotundo este evento, que contou con 98 equipos de toda Galicia, preto de 1.400 xogadores, máis de 100 partidos xogados e 30 árbitros.


Arriba, o alevín feminino perante La Salle.
Abaixo, o alevín masculino perante Obradoiro CAB.


Publicado por cbcaselas @ 23:30  | TORNEOS E ACTOS
Jueves, 07 de junio de 2012

Este sábado 9 de xuño, os nosos equipos ALEVÍN MASCULINO E FEMININO estarán presentes no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela no "IX Día Autonómico do Minibásquet El Correo Gallego".
CALENDARIO:
Alevín Masculino:
11:00h / pista5: Obradoiro – Caselas EDM
16:15h / pista5: Compañía María Santiago - Caselas EDM
Alevín Feminino:
12:30h / pista9: Caselas EDM – La Salle Santiago
16:15h / pista9: Caselas EDM – Inmaculada Santiago
HORARIOS:
Sairemos dende o pavillón de Salceda ás 7:30 para chegar a Salceda sobre as 21:15.
Todos os interesados en ir, deben anotarse en Sanfer Expert de Salceda (tfno.986.347241).


Publicado por cbcaselas @ 21:03  | TORNEOS E ACTOS

Nestos días de xuño xógase a final da liga española de baloncesto (Liga Endesa) co Barcelona-Madrid que se xogan o título ao mellor de cinco partidos. Tendes unha grande ocasión de ver todos os partidos por televisión:

Mércores 6 ás 20:45 en TELEDEPORTE:  BARCELONA-R.MADRID.
Venres 8 ás 22:00 en TVE1:  BARCELONA-R.MADRID.
Luns 11 ás 22:00 en TVE1:  R.MADRID-BARCELONA.
Mércores 13 ás 22:00 en TVE1:  R.MADRID-BARCELONA (se fose necesario).
Sábado 16 ás 19:00 en TVE1:  BARCELONA-R.MADRID (se fose necesario).


Publicado por cbcaselas @ 20:49
Lunes, 04 de junio de 2012

SENIOR MASCULINO
1ªFase (4ªdivisión autonómica grupo E):
Campeón de grupo de 9 equipos.
>> 16 victorias / 0 derrotas.
2ªFase (Ascenso a 3ªdivisión):
Campeón da fase de ascenso de 4 equipos.
>> 5 victorias / 1 derrota.
TOTAL: 21 victorias / 1 derrota.
O mellor equipo do clube. Gran temporada con victorias solventes en case todos os partidos. Unión, compromiso e traballo foron as claves dunha plantilla completa que combinou veteranía con xuventude dirixida por Carlos Kustrin.

INFANTIL MASCULINO
1ªFase (2ªdivisión autonómica grupo E):
7º clasificado de 10 equipos.
>> 7 victorias / 11 derrotas.
2ªFase (Postos 49 a 56 de Galicia):
Posto 52 de 101 equipos.
>> 2 victorias / 2 derrotas.
TOTAL: 9 victorias / 13 derrotas.
Aceptable temporada de este grupo composto por metade de xogadores de primeiro ano e metade de segundo.

INFANTIL FEMININO
1ªFase (2ªdivisión autonómica grupo E):
3º clasificado de 7 equipos.
>> 9 victorias / 3 derrotas.
2ªFase (Postos 21 a 28 de Galicia):
Posto 23 de 62 equipos.
>> 5 victorias / 1 derrota.
TOTAL: 14 victorias / 4 derrotas.
Moi boa temporada deste equipo entrenado por Carlos Kustrin. Sempre competitivas, tiveron opcións en cada un dos partidos que xogaron, aspirando ao título ata o final. No tramo final de liga tiveron a axuda das alevíns.

ALEVÍN MASCULINO
Subcampeóns de Liga DVB de 14 equipos.
TOTAL: 13 victorias / 3 derrotas.
Outro dos equipos estrela do clube. Sen ten un plantel de gran calidade e con poucos efectivos, os peques de Serafín Dasilva traballaron moi duro para plantarse en semifinais de liga eliminando nun épico cruce ao Defensores do Morrazo. Xa na final de liga atopáronse cun equipo forte fisicamente como o Divino Salvador "A" que nos impediu o máximo.

ALEVÍN FEMININO
15º clasificado de Liga DVB de 16 equipos.
TOTAL: 3 victorias / 15 derrotas.
As pequenas de Manolo e Natalia pagaron a novatada de ser un equipo con xogadoras de primeiro ano e benxamíns, con varias que se iniciaban no mundo da canasta. Clasificáronse últimas na primeira fase no grupo A e penúltimas na clasificación final. A pesar de todo as rapazas foron a máis, xogando os mellores partidos no final de temporada.

-------------------------------------------
Agradecer a todo o público que nos apoiou sempre e que foi en aumento.
Aos patrocinadores que fixeron que poidamos ter baloncesto neste pobo:
- CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
- HERMANOS NÚÑEZ LORENZO S.L.
- OPTIMIL SALCEDA
- JOYERÍA OTERO
- CHOCOLATES ANTOXO

E as publicidades do pavillón a consultar na sección "PATROCINADORES".


Publicado por cbcaselas @ 0:18