Martes, 29 de mayo de 2012

O noso compañeiro Xan Penabella é o autor deste vídeo do partido onde o C.B.Caselas -na penúltima xornada da fase- culminou un brilante ascenso a 3ªDivisión Autonómica. Resultado final: CASELAS 63 INFORTECNY SANTIAGO 48


Publicado por cbcaselas @ 23:37  | VIDEOS

Rematou a temporada 2011-2012 para todos os equipos do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda.
O Alevín Masculino xogaba o partido de volta da Final de Liga. Na ida traían unha desventaxa de 37 puntos, polo que a tarefa era case imposible. Perante un equipo moi superior fisicamente, o Divino Salvador "A", os peques de Salceda dérono todo, e a pesar da derrota por 37-43 (tan só perdían de 2 puntos a escasos minutos do final), deixaron un bó sabor de boca. Gran temporada para este grupo de Serafín.
O Infantil Feminino xogaba o liderato do grupo autonómico polos postos 21 a 28 de Galicia desprazándose a Pontecesures con varias baixas. Ao final, derrota por 61-45, que nos deixa empatados a puntos coas locais, pero co basketaverage en contra. As de Carlos rematan esta fase con 5 derrotas e esta única derrota.
Outros resultados: Infantil Fem.(Blanco Amor "B" 55 Academia Celta 74). Infantil Masc.(Defensores do Morrazo 50 Basket Deza 40).

Nos vindeiros días faremos un pequeno balance deportivo de todos os nosos equipos.


Publicado por cbcaselas @ 0:42
Mi?rcoles, 23 de mayo de 2012

Remata a temporada 11-12 este sábado o Infantil Feminino e o Alevín Masculino. Recordamos que xa remataron o resto dos equipos.
O Alevín Masculino xoga o partido de volta da Final de Liga en Salceda. Moi, moi difícil remontar os 37 puntos de desvantaxa da ida, pero tentarán despedir unha gran temporada.
O Infantil Feminino ten un longo desprazamento a Pontecesures onde loitará coas locais por ser campeón deste grupo polos postos 21 a 28 de Galicia. Haberá un autobús para acompañar ao equipo na hora sinalada no cadro. Podedes anotarvos en SANFER EXPERT de Salceda por 7 € ata agotar prazas.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

Fin de Liga

--- --- ---
Infantil
Masculino

Fin de Liga

---

--- ---
Infantil
Feminino

EXTRUGASA RÍO ULLA -
CASELAS

Pavillón de Pontecesures
(Colexio de Infesta)

Sábado 26 12:00
saída bus
a 9:45
Alevín
Masculino

CASELAS -
DIVINO SALVADOR "A"

Pavillón de Salceda Sábado 26 18:00
Alevín
Feminino

Fin de Liga

---

---

---


Publicado por cbcaselas @ 20:31
Martes, 22 de mayo de 2012

COMPAÑÍA MARÍA SANTIAGO 46 C.B.CASELAS 60

C.B.CASELAS (60):

Pedro (13), Igor (6), Yanko (21), Rubén Alonso (0) e Óscar (4). QUINTETO.
Pablo (0), Joni (0), Rober (0), Iago (0), César (9) e Rubén Rdguez (7).

Parciais:
11-13 / 10-17 / 9-24 / 16-6.
Incidencias:
Derradeira xornada da temporada para o C.B.Caselas na tarde de domingo no colexio Compañía Mª de Santiago, con flouxa entrada e varios afecionados de Salceda.

HISTÓRICO! Rematou o Caselas a súa viaxe na fase de ascenso con outra grande victoria na capital de Galicia que nos proclama -ademáis de campeóns de liga- campeóns da fase de ascenso a 3ªdivisión.
Os nosos fixeron o necesario para levarse os 2 puntos perante un equipo local con moitas gañas que só inquietou no primeiro cuarto (11-13 de parcial). A partir de ahí os de Salceda, con toda a "artillería" na cancha, foron distanciándose ata máis alá dos 20 puntos, chegando ao cuarto final co encontro resolto. Foi entón cando os santiagueses aproveitaron para maquillar o marcador a base de triplas, aproveitando as rotacións de banquillo do noso entrenador Carlos, que fixo participar aos 11 xogadores da plantilla.
Alegría por todo o alto na expedición. O C.B.Caselas remata un ano histórico cun total de 21 victorias en 22 partidos.
No outro partido da xornada, o Rodaballo queda segundo desta fase ao gañar a domicilio ao Infortecny por 59-65, logrando o ascenso xunto con nós. Na imaxe de onte, Yanko lanzando a canasta.

RECIBIMENTO AO EQUIPO EN SALCEDA
A chegada do equipo en autobús a Salceda -sobre as 11 da noite- numerosos afecionados recibiron con bandeiras a expedición formando unha caravana de coches que recorreron as rúas do pobo dende a entrada ata a chegada do pavillón (na imaxe de abaixo), onde se brindou con champán. A festa continuou despois con outra masiva caravana ata a Praza do Concello.

CATEGORÍAS BASE

En xeral boa xornada para a base do clube, a excepción do Alevín Masculino, que no partido de ida da Final de Liga, atopouse cun rival moi superior fisicamente, o Divino Salvador "A", que nos gañou por 71-34. O partido de volta será o vindeiro sábado en Salceda, e, aínda que case imposible, alí estaremos cos rapaces de Serafín.
No resto de categorías:
INFANTIL MASCULINO: Basket Deza Lalín 43 Caselas 36  //  Caselas 66 Defensores do Morrazo 28.
INFANTIL FEMININO: Academia Celta 41 Caselas 49  //   Caselas 73 Blanco Amor "B" Ourense 47.
Na imaxe, o xogador infantil Bruno entra a canasta no partido no pavillón de Lalín.


Publicado por cbcaselas @ 0:12  | CRONICAS
Mi?rcoles, 16 de mayo de 2012

Xornada cargadísima de partidos. Os nosos equipos xogan mércores, xoves, sábado e domingo.
O Senior Masculino remata a temporada en Santiago. Haberá un autobús dispoñible para afecionados que saldrá do pavillón de Salceda o domingo 20 ás 4:15 da tarde, para voltar ao remate do encontro. Anotarse en Sanfer Expert de Salceda (tfno: 986347241) por 7 €.
O Alevín Masculino xoga a ida da final de liga en Panxón.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

COMPAÑÍA Mª SANTIAGO -
CASELAS

Colexio Cía de María
(Santiago de Compost.)
Domingo 20

19:00
Saída bus
a 16:15

Infantil
Masculino

BASKETDEZA LALÍN -
CASELAS

CASELAS -
DEFENS.MORRAZO MOAÑA

Pavillón Munic. de Lalín


Pavillón de Salceda

Xoves 17


Sábado 19

12:00
Saída bus
a 9:45

12:00

Infantil
Feminino

ACADEMIA CELTA -
CASELAS

CASELAS -
BLANCO AMOR "B"OURENSE

Pavillón de Navia (Vigo)


Pavillón de Salceda

Mércores 16


Sábado 19

20:30
Saída a
19:00

10:00

Alevín
Masculino

DIVINO SALVADOR "A"-
CASELAS

Pavillón Munic.de Panxón Sábado 19 16:00
Saída a
14:30
Alevín
Feminino

Fin de Liga

---

---

---


Publicado por cbcaselas @ 0:10
Martes, 15 de mayo de 2012


12 de maio de 2012 histórico para o baloncesto salcedense. Os Senior logran o ascenso a 3ª a falla dunha xornada e os Alevíns cólanse na final de liga logo de remontar heroicamente 16 puntos. Previamente as Infantiles abrían a tarde vencendo ao Río Ulla nun partido de infarto.

SENIOR MASC: CASELAS 63 INFORTECNY SANTIAGO 48

C.B.CASELAS (63):
Pedro (12), Igor (6), Yanko (16), Rubén Alonso (0) e Óscar (10). QUINTETO.
Pablo (0), Rober (2), César (17), Rubén Rdguez (0), Joni e Iago.

Parciais:
15-9 / 9-8 / 18-13 / 21-18.
Incidencias:
Gran entrada de público no Pavillón de Deportes de Salceda nunha tarde de moita calor. Máis de 150 siareiros que cos seus cánticos, bandeiras e bocinas arrouparon aos nosos en todo momento. Varias autoridades locais na bancada, así coma a totalidade da directiva do C.B.Caselas. Ao remate do partido, baño multitudinario de champán e manteo ao entrenador Carlos.

Obxectivo cumplido. No que supuxo o derradeiro partido desta tempada no noso pavillón, o C.B.Caselas, noutro gran partido, regalou a súa afeción un novo triunfo perante o campeón santiagués que vale un merecidísimo ascenso.
Os nosos xogadores tiveron que emplearse a fondo perante un digno rival, con xente moi grande e que nunca nos deixou xogar con comodidade. Dominamos practicamente sempre o marcador e fomos capaces de distanciarnos cando o Infortecny nos apretou no terceiro cuarto. No cuarto final, os nosos "gustáronse" empurrados polo público que cantaba o alirón.
No outro partido deste grupo de ascenso, o Rodaballo de Vigo logrou tamén o ascenso ao derrotar ao Compañía de María de Santiago por 55-51.
AUTOBÚS PARA IR A SANTIAGO O DOMINGO 20 MAIO:
Este domingo 20 de maio, o C.B.Caselas despide a temporada co Compañía de María en Santiago de Compostela. O Caselas quedaría campeón do grupo de ascenso coa victoria. O partido é as 7 da tarde. O autobús saldrá do noso pavillón as 4:15 da tarde para regresar ao remate do encontro. Os interesados en ir poden anotarse en Sanfer Expert de Salceda (tfno.986347241) e abonar 7 euros.
OS ALEVÍNS APELAN Á ÉPICA PARA CHEGAR Á FINAL:
Logo de perder no partido de ida de semifinais en Moaña por 16 puntos, 55-39, os rapaces de Serafín Dasilva conseguiron a remontada ao gañar por 51-33 ao Defensores do Morrazo nun pavillón de Salceda con preto de 100 afecionados. Os nosos estiveron máis acertados no lanzamento, logrando rendas sobre os 15 puntos na segunda metade. Os minutos finais foron non aptos para cardiacos. Con ventaxas de 16 puntos arriba-abaixo, o salcedense Cristian logrou unha tripla nos derradeiros segundos que puxo ao Caselas na final. Entón rondou a sidra (sen alcohol!) a ledicia na parroquia local.
AS INFANTILES SUFREN PERANTE O RÍO ULLA:
As rapazas de Carlos Kustrin tiveron o partido contralado ata o cuarto final perante o Extrugasa Río Ulla de Pontecesures. A partir de ahí varios erros e precipitacións case nos costan a victoria. Un rebote de Iria a dous segundos do remate nos deu unha importantísima victoria por 38-37.

 





Publicado por cbcaselas @ 1:34  | CRONICAS
Mi?rcoles, 09 de mayo de 2012

Tarde de sábado de auténtico baloncesto no pavillón de Salceda, coa anécdota de que veñen tres clubes que nunca xogaron en Salceda en ningunha categoría.
As 4 da tarde comezan as Infantiles perante o Río Ulla de Pontecesures, tentando continuar co seu gran momento.
As 6 da tarde partidazo Senior entre os campións da primeira fase de Vigo -o Caselas- e de Santiago -o Infortecny-. A victoria daría o ascenso aos nosos, polo que se podería desatar a festa ao remate.
E as 8 da tarde protagonismo para os peques do Alevín, que disputan o partido de volta de Semifinais de Liga perante o Defensores do Morrazo de Moaña. Hai que remontar 16 puntos do partido de ida.
O VOSO APOIO DENDE A BANCADA, FUNDAMENTAL !!!

Sorteo de axuda ao clube:
Ao remate do partido senior, haberá un sorteo de regalos coas rifas a un euro que venderemos durante a tarde:
-- UN XAMÓN, xentileza de "Bodeguilla Z-9" de Salceda.
-- DÚAS PIZZAS, xentileza de "Pizza Plus" de Salceda.

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
INFORTECNY SANTIAGO

Pavillón de Salceda Sábado 12 18:00
Infantil
Masculino

Descanso

---

--- ---
Infantil
Feminino

CASELAS -
EXTRUGASA RÍO ULLA

Pavillón de Salceda

Sábado 12 16:00
Alevín
Masculino

CASELAS -
DEFENSORES DO MORRAZO

Pavillón de Salceda Sábado 12 20:00
Alevín
Feminino

Fin de Liga

---

---

---


Publicado por cbcaselas @ 23:05
Lunes, 07 de mayo de 2012

C.B.CASELAS (65):
Pedro (12), Igor (10), Yanko (21), Rubén Alonso (6) e Óscar (8). QUINTETO.
Pablo (1), César (7), Joni, Rober e Iago.

Parciais:
22-12 / 18-11 / 14-11 / 11-12.
Incidencias:
Algo menos de 100 animosos espectadores no Pavillón de Salceda

Continúa lanzado o C.B.Caselas cara o seu obxectivo. O sábado non só gañou con certa facilidade ao líder de grupo, o Rodaballo, senón que ademáis recuperou o basketaverage particular cos vigueses, que nos gañaron no partido de ida por 10 puntos. Os de Salceda xogaron un partido intelixente e escapáronse rápido no marcador, "adornándose" con xogadas que levaron os aplausos da bancada.
A falla de dúas xornadas para o remate, ao Caselas bastalle unha victoria para ascender. O vindeiro sábado recibimos en Salceda ao Infortecny de Santiago, onde tentaremos rematar a xornada cunha auténtica festa.
No outro partido do grupo entre os dous santiagueses, Compañía de María venceu a Infortecny por 63-40. 

CATEGORÍAS BASE

A nosa base está metida de cheo nas fases finales. Importantes victorias dos equipos Infantiles -espectacular a das rapazas en Ourense-, e derrota dos Alevíns no partido de ida de semifinais de liga.
Infantil Feminino: Blanco Amor "B" 45 Caselas 101. Gran victoria e gran xogo das rapazas na capital das Burgas, apoidas por un gran número de público de Salceda. No primeiro cuarto xa gañaban 4-31. Debut da alevín Noelia Núñez. No outro partido deste grupo, o Río Ulla de Pontecesures venceu ao Academia Celta por 48-41.
C.B.Caselas EDM (101): Blanca (28), Iria (8), Noelia Vaqueiro (28), Laura (19), Carla (16). QUINTETO. Marta (2), Fabiola (0), Noelia Núñez (0) e Paloma (0).
Infantil Masculino: Defensores do Morrazo 40 Caselas 61. Saíron concentrados os rapaces de Carlos en Moaña, que gañaron os catro cuartos do partido ata eses 21 puntos de diferenza.
C.B.Caselas EDM (61): Alex (7), Carlos (12), Bruno (12), Jose (11), Miguel (15). QUINTETO. David (0), Rubén (2) e Adrián Angulo (2).
O Alevín Masculino xogaba tamén en Moaña co Defensores do Morrazo a ida das semifinais de liga, colleitando a primeira derrota de toda a tempada: 55-39. Cun pavillón da Xunqueira con moitísimo público de ambos lados, os nosos non xogaron ben e cometeron moitísimas imprecisións. Toca remontar 16 puntos en Salceda. Difícil pero os pequenos darano todo.


Publicado por cbcaselas @ 23:32  | CRONICAS
Mi?rcoles, 02 de mayo de 2012

Cuarta xornada da Fase de Ascenso Senior en Salceda. O sábado as 6 da tarde o Caselas recibe ao lider do grupo, o Rodaballo de Vigo. Vos esperamos alí a todos.
O Alevín Masculino comeza o asalto o título. O domingo xogan a semifinal de ida en Moaña co Defensores do Morrazo. A continuación o noso Infantil Masculino tamén en Moaña.
E xa este venres 4, as rapazas Infantiles viaxan a Ourense para enfrontarse ao Blanco Amor "B". Haberá autobús dispoñible para todo o que queira. Podedes anotarvos en Sanfer Expert de Salceda por 7€. O bus sae do noso pavillón as 6 da tarde (o partido é as 20:00).
O TEU APOIO DENDE A BANCADA SERÁ FUNDAMENTAL!!!

CATEGORÍA PARTIDO LUGAR DÍA HORA

Senior
Masculino

CASELAS -
RODABALLO VIGO

Pavillón de Salceda Sábado 5 18:00
Infantil
Masculino

DEFENSORES MORRAZO -
CASELAS

Pavillón da Xunqueira
(Moaña)

Doming.6 12:00
saída 10:40
Infantil
Feminino

BLANCO AMOR "B" -
CASELAS

IES.Blanco Amor
(Ourense)

Venres 4 20:00
saída bus 18:00
Alevín
Masculino

DEFENSORES MORRAZO -
CASELAS

Pavillón da Xunqueira
(Moaña)
Doming.6 10:00
saída 8:50
Alevín
Feminino

Fin de Liga

---

---

---


Publicado por cbcaselas @ 23:24
Martes, 01 de mayo de 2012


O capitán Rubén Rodríguez nunha entrada a canasta o sábado.

C.B.CASELAS (61):
Pedro (9), Igor (4), Yanko (24), Rubén Rdguez (5) e Óscar (13). QUINTETO.
Pablo (0), Rober (0), Iago (0) e Rubén Alonso (6).

Parciais:
12-10 / 12-6 / 14-5 / 23-10.
Incidencias:
Moi boa entrada no Pavillón de Salceda. Arredor de 100 espectadores apoiando constantemente ao Caselas.

O C.B.Caselas deu un paso de xigante no camiño do ascenso ao vencer ao Compañía María de Santiago, que só opuso resistencia no primeiro cuarto. A partir de ahí, os de Salceda, apoiados polo numeroso público, marcaron as diferenzas existentes entre ambos.
Non foi un partido excesivemente brilante, pero os nosos -cun motivado Yanko (24 puntos)- foron mellorando a anotación a medida que transcurrían os periodos, pasando a anotar 23 puntos no periodo final no que se miraron os mellores minutos.
O vindeiro sábado recibimos en Salceda ao líder deste grupo 2 de ascenso, o Rodaballo, que nos gañou na ida de 10 puntos.
Precisamente o Rodaballo, no outro partido deste grupo, gañou ao Infortecny de Santiago por 61-52.

CATEGORÍAS BASE

O Infantil Feminino debutou con victoria na primeira xornada autonómica polos postos 21 a 28 ao vencer ao Academia Celta de Vigo por 69-50 (23-25 a descanso). As rapazas xogaron unha excelente segunda metade. Destacar a recuperación, logo dunha latosa lesión, de Laura, máxima anotadora con 20 puntos.
No outro partido deste grupo, Extrugasa Río Ulla de Pontecesures venceu a Blanco Amor "B" de Ourense por 52-22.
O Infantil Masculino recibía aos lalinenses do Basket Deza na primeira xornada autonómica polos postos 49 a 56. Logo dunha mala primeira metade (16-32), a reacción final non foi suficiente e perderon por 38-59.


Publicado por cbcaselas @ 0:46  | CRONICAS