Martes, 29 de mayo de 2012

Rematou a temporada 2011-2012 para todos os equipos do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda.
O Alevín Masculino xogaba o partido de volta da Final de Liga. Na ida traían unha desventaxa de 37 puntos, polo que a tarefa era case imposible. Perante un equipo moi superior fisicamente, o Divino Salvador "A", os peques de Salceda dérono todo, e a pesar da derrota por 37-43 (tan só perdían de 2 puntos a escasos minutos do final), deixaron un bó sabor de boca. Gran temporada para este grupo de Serafín.
O Infantil Feminino xogaba o liderato do grupo autonómico polos postos 21 a 28 de Galicia desprazándose a Pontecesures con varias baixas. Ao final, derrota por 61-45, que nos deixa empatados a puntos coas locais, pero co basketaverage en contra. As de Carlos rematan esta fase con 5 derrotas e esta única derrota.
Outros resultados: Infantil Fem.(Blanco Amor "B" 55 Academia Celta 74). Infantil Masc.(Defensores do Morrazo 50 Basket Deza 40).

Nos vindeiros días faremos un pequeno balance deportivo de todos os nosos equipos.


Publicado por cbcaselas @ 0:42